Nesta crise que todo pódeo, ponse de moda esixir rentabilidade á xestión de destinos, xa sexa en forma de SA, fundación, patronato, consorcio, instituto ou puro negociado de turismo. Arriscado é a día de hoxe, non pedirlle á administración pública que non controle o gasto e que non equilibre a súa conta de resultados. En Turismo, as situacións que se están vivindo nalgúns destinos turísticos coa xestión creo que non se miden ben, optando máis polo recorte e a austeridade, que polo camiño de como facelos máis sostibles, e xa que logo rendibles.
En Europa non son máis listos que nós, pero si un pouco máis intelixentes, polo menos nalgúns destinos. Explícome. Eles entenden que para mover a industria turística necesítase orzamento, pero iso non quere dicir que sexa a administración a que a ten que asumir e menos en totalidade. Nin os impostos dan para tanto, nin ten porque ser así, se ademais, con cambios no modelo, pódense conseguir ingresos, rentabilidade e equilibrio.
Creo que hai modelos en Europa, que poden axudar a entender que con cambios estructurais, lexislativos e de actitude, a promoción dos destinos turísticos poden ter unha parte de rentabilidade. Non hai milagres, pero hai posibles. Agora que está de moda esixir resultados, o que non pode ser é esixilos coas mesmos vimbios. E hai camiños, pero hai que querer velos. O primeiro que hai que facer é comprender que a administración pública, polo menos a turística, non é unha ONG. Non teñen ánimo de lucro, pero poden ser rendibles e poden dar beneficios, sen stock options, se non que reinvertíndolos no sector. Que mellor xeito de mirar polo interese xeral.
O segundo que hai que comprender é que ao noso modelo hai que darlle unha volta. É difícil atopar en España, oficinas que ofrecen servizos por un custo repercutido ao usuario. É difícil atopar unha oficina que cobre os seus mapas ou folletos. É difícil ver infraestructuras e servizos turísticos xestionados desde o publíco ou o público-privado. É difícil ver a un destino turístico cunha central de reservas que dea diñeiro. E máis difícil é ver algún destino que cobre un imposto direto ao consumo turístico. E así un longo etc.
Para que todo o anterior deixe de ser difícil, non se pode conseguir co galimatías do marco legislativo, estructural e competencial actual. Os casos de éxito de destinos cuxa xestión sexa sostible, pasan non só por atender oficinas de turismo, senón por diferentes medidas en distintos campos. Desde cobrar polos seus servizos, ata xestionar directamente infraestructuras e servizos turísticos, sumado ao cobro de taxas si fose necesario.
E iso xa existe, e non son máis listos que nós, insisto. Eu paguei por un mapa na oficina de Turismo de París, reservei servizos nunha chea de oficinas de turismo de países europeos e paguei por iso. E non pasa nada. En Francia a taxa está estendida e é o primeiro país receptor de Turismo do mundo. Visit London ten unha central de reservas que é unha gran fonte de ingresos. Barcelona leva directamente a xestión do Bus Turístico entre outras cousas. Outros xestionan os seus propios palacios de congresos, os seus recintos feriais, os seus centros de interpretación ou as entradas aos seus principais recursos. E ninguén se asusta, ao contrario. Todos reman na mesma direción e ninguén perde o tempo en dicir que iso non é competencia do privado, que o público non está para isto e demais.
Por favor, non me fagan explicar modelos de éxito como DMO ou como DMCs noutros países, que por suposto non son o noso. É un tema cultural por suposto, “Spain is Diferent”, pero non xoguemos ao can do hortelano, que nin comemos, nin deixamos comer.