Dúas webs desenvolvidas por Mr Turismo en colaboración con Primate foron incluídas entre as candidatas a mellor Web Corporativa nos Premios do Día da internet 2016, un dos certames máis relevantes no noso país neste campo. Trátase dos novos sites do turoperador YuTravel e o hotel Costa Vella. O Comité de Impulso da organización, formado por diferentes axentes implicados na innovación na rede como asociacións, colexios profesionais, federacións ou universidades, considera que son aptas para a súa categoría e por tanto continúan o proceso de selección que terminará o 17 de maio na entrega de premios. A puntuación que decidirá as páxinas gañadoras será un terzo a través de votacións do público, e o resto segundo o criterio dun xurado profesional.
YuTravel presentou hai escasamente un mes o seu portal, á vez que iniciaba a súa actividade comercial como turoperador galego especializado en viaxes a España, Portugal e illas e Cabo Verde. A súa imaxe fresca e divertida vese facilmente plasmada na súa web, na que ademais buscamos que a sinxeleza e a usabilidade sexan unha constante en todas as seccións e funcionalidades. Fotografía impactante de destino e un copy pensado ad hoc para cada oferta dan ao visitante toda a información que necesita dunha forma dinámica, directa e cargada de humor.
Podes dar o teu voto á web de YuTravel aquí
O Hotel Costa Vella tamén acaba de presentar a súa site hai pouco máis de quince días. Nela tentouse plasmar, a través de imaxes con figuración, a filosofía do establecemento e todas as súas vantaxes: un bonito xardín en plena zona vella da cidade, un ambiente tranquilo ou o encanto das súas instalacións. O storytelling reforzando as mensaxes e unha composición vertical no inicio, son algunhas características innovadoras para unha web de hotelería que se implementaron como novidade para este proxecto. Como en todas as webs que presenta Mr Turismo, a comunicación 2.0. co cliente está presente en todas as seccións.
Podes dar o teu voto á web do hotel Costa Vella aquí
O equipo de Mr Turismo quere agradecer tanto ao Hotel Costa Vella como a YuTravel a súa confianza na nosa experiencia no sector. Aproveitamos tamén esta entrada para dar o parabén a Primate, encargados do desenvolvemento, polo seu traballo. Esperamos que tanto vós cos vosos votos como o xurado do concurso decidan apostar por estas dúas páxinas nas que puxemos moito agarimo e cabeza.
Seguimos!