Se son profanos no tema das innovacións informáticas e a súa actualización de novidades vén a través das canles, digamos, habituais (un familiar interesado ao que lle gusta falar do tema, un comercial de confianza, unha noticia solta do telexornal…) pode escoitar que nos encamiñamos cara o web 3.0
–“Pero, Mr.Turismo, estabamos xa no 2.0?”
Si. Disto é do que falamos, quizais non poidan cerciorarse das novidades. Non pasa nada, para iso está Mr.Turismo.
O certo é que aínda que un teña o seu punto geek, non foi tan fácil atopar unha explicación diáfana sobre que é iso do web 3.0 e cómo diaños podemos aproveitala no beneficio do turismo.
En primeiro lugar, como apunte moi rápido, diremos que a web 3.0 refírese á transmisión de datos sen necesidade de usar navegadores –fano por medio de apps– e a unificación de linguaxes de programación para crear a “web semántica”, que, trasladada a un nivel usuario, sería algo así como que as webs aprenden “o que vostede quere dicir” en lugar de limitarse a ofrecer resultados segundo X palabras dadas, facendo da navegación algo máis “natural”.
Chaves sobre o web 3.0
Este novo meigallo pivota sobre tres puntos.
1) Bases de datos grandes e unidas como o océano. Os contidos que publicamos hoxe en día poden estar codificados con diferentes sistemas (XML, RDF…). A tecnoloxía SPARQL permitirá traballar cunha linguaxe estandarizado. e a tecnoloxía API unificará as procuras de bases de datos. A sinerxia de ambas dará pé, segundo algúns, á web semántica.
2)A intelixencia artificial, en camiño. De acordo, un bota un gustoso ollada a Regreso ao futuro II e seguro que sente que lle estafaron con respecto ao que debería ser 2015. Pero aínda hai espazo para os saltos tecnolóxicos. A intelixencia artificial aplicada á rede discriminará mellor os resultados que necesitamos e buscará imitar a lóxica humana. Os resultados ofreceranse segundo un estudo dos nosos hábitos en rede e grazas aos costumes colaborativas.
3) A web semántica e os móbiles, novos protagonistas. É un feito, hai máis móbiles que laptops no mundo. E o nivel de intimidade entre un usuario e o seu smartphone pode ser ata ben pesada. Así que a web 3.0 estará adaptada aos nosos terminais ou non será.
–“Todo isto que me contas paréceme moi ben, Mr.Turismo, pero ao meu camping nas Cíes e á min… Qué nos queredes dicir con todo isto?“.
Non pechen esta pestana aínda, estimadas lectoras. Non hai que irse moi lonxe para saber que un cambio tecnolóxico cae en picado sobre a industria turística porque ambas falan do mesmo no fondo: mobilidade, estar aquí hoxe e mañá alí do mellor xeito posible que sempre é “como eu quero”.
O turismo 3.0 vai da man do turismo colaborativo. É moi probable que os avances na web déanlle aínda máis forza a iniciativas como o couch surfing ou aos webs nas que organizar desprazamentos colectivos en coche (link SocialCar) ou conseguir un mellor prezo en trens .
E por forza, queremos dicir xeneralización e adaptación das maioritarias aos novos soportes.
A web 3.0 non vai nacer por xeración espontánea, senón que virá a partir dos datos que ofreza o 2.0, ou sexa, a presenza en redes. É dicir, en SEO, reputación e contidos adaptados a todo tipo de soportes dixitais.
Poñamos un exemplo: unha abnegada cabeza de familia quere levar a marido e prole a unhas vacacións porque xa toca. O modo de estancia será tradicional: haberá aloxamento en camping, hotel, apartamento ou casa rural. Comerán algunhas veces de restaurante. Farán actividades familiares alá onde estean e, quen sabe, ata poderían saír unha noite a ver que tal. Buscar toda esta información podería supoñer teclear unhas doce veces no buscador do teu laptop e chegar a uns 22 sitios de internet entre portais turísticos, páxinas de negocios, redes sociais e blogs de fama. A web 3.0 orientada cara ao turismo aspira a dúas cousas:
a) Que tecleando “quero irme de vacacións co meu marido e os meus tres fillos a un lugar na costa e quérome gastar 2000 euros” a aplicación chuspa un resultado completo: transporte, aloxamento, actividades, restauración… Os resultados estarán baseados en datos que introduza durante horas de navegación.
b) Que non dependas dun buscador. Diciamos que o móbil é o dispositivo polo que pasarán os nosos minutos, así que non será tanto como meterse en tal ou cal páxina como ter unha app que, basicamente, faga o traballo dunha axencia de viaxes.
Así están as cousas na web que vén. Pásallenos pola cabeza a nosa insistencia polas versións responsive; a de veces que facemos fincapé na importancia do SEO; a necesidade de ofrecer un contido interesante e útil (¡Ejem!).
Esta foi nosa pequena aproximación ao 3.0. Fixémolo con boa intención así que por favor, as pedradas con agarimo na zona de comentarios.
Moitas grazas.