A empresa Mr Turismo asesorou á asociación para a súa constitución
Mr Turismo suscitoulles o naming e novo logotipo para “Vicus Francorum”, nova asociación da rúa do Franco.
A asociación da Rúa do Franco acaba recientemente de constituírse na cidade de Santiago. Unidos para defender os intereses dos seus negocios e logo de varias reunións, decidiron constituír a súa asociación con 14 negocios que asinaron a súa acta fundacional.
Mr Turismo foi invitado desde o principio a participar na constitución da asociación, asesorándolles na constitución da mesma, proporcionándolles o naming da asociación e a pasada semana aprobouse a proposta de logotipo da asociación realizado tamén por Mr Turismo, enmarcado dun plan de marketing presentado no seu momento e que esperemos será implantando aos poucos.
A rúa do Franco foi o Vicus Francorum da cidade de Santiago. Os “Vicus Francorum” eran os asentamentos de comerciantes francos, habitantes europeos orixinarios máis aló dos límites dos Pirineros. O seu nome en latín ten o significado de Aldea de Francos, e eran típicos asentamientos de comerciantes e posaderos europeos que se establecían nas vilas e pobos que cobraban importancia pola construción de cenobios e catedrais ao longo do Camiño de Santiago na idade media.
A unión destes negocios de hostelería, nace con espírito integrador para toda a rúa. Está formado inicialmente por 14 negocios de hostelería, punteros moitos deles e auténticos clásicos da gastronomía compostelana outros. Precisan resolver problemas de homologación de señalética, negociar a colocación de baldas no exterior para apoiar servizos aos seus clientes na rúa sen que afecte á movilidad da mesma, así como problemas puntuales como a recolleita de lixos, recuperar o espírito compostelano da rúa un pouco deteriorado nos últimos anos polo excesivo uso turístico da zona.
Para apoiar as accións de promoción da zona, a empresa Mr Turismo, presentoulles un ambicioso plan de marketing, con actuacións no ámbito da comunicación e o marketing digital, un programa de actividades, eventos e accións de marketing que dean un envorco á percepción da rúa, que esperemos en breve empezo a dar os seus froitos.
As novas tecnoloxías, teñen un punto de referencia no plan, algunha delas desenvolvidas directamente por nós, como serán en breve as cartas dixitáis para restaurantes, que algúns dos negocios da zona, xa mostraron interese no súa implementación e que en breve Mr Turismo esperamos lanzar o seu comercialización a toda a comunidade de Galicia.
Irémosllo contando.