Saltar ao contido
Blogue / Sopra vento de cola para Ryanair

Sopra vento de cola para Ryanair

Ryanair vuelve
Ryanair volve
Ryanair volve

Decatáronse que a semana pasada celebrouse Fitur, da que xa daremos conta en breves. Por esta estrita razón laboral, houbo que viaxar en Ryanair e…sentimentos mesturados, iso é o que nos provoca a palabra “ryanair”. Xa comentamos neste blog que non era nosa compañía preferida e que era un pouco o Cristián Ronaldo dos avións: necesario pero odioso, moi odioso.

Por unha banda, é aquela compañía aérea que representa como ningunha o espírito hedonista e cheo de esperanza que inundou a década pasada e que popularizou coma niguén a experiencia turística no vello continente.

Grazas en boa medida a Ryanair o sector turístico e a industria cultural fundíronse nun longo bico con língua nos felices “anos cero”: os europeos viaxabamos para ir a tal ou cal festival, ver esta exposición ou visitar a zona monumental daquela cidade. Parecía que Bruxelas estaba máis cerca que Tomelloso (e era así). Os billetes tiñan un prezo tan ridículo que, nun bo día, era mellor achegarse ao aeroporto de Stanstend e ir facer a compra a Italia que facela no propio Londres. Vale, se cadra isto é esaxerar. Pero o que si foi certo é que un podía achegarse ao aeroporto co seu grupo de amigos e subirse de improviso a un avión, sen pensar no destino.

Imaxinamos así ao grupo de ingleses, optimistas e coa gorxa seca:

–“Veña hoxe España…toca ir a…Santiago?”
–“E iso que é?”
–“¡E que máis dá! Por dez libras…”

Ryanair deu a coñecer a moitas localidades ( a case todas as que non fosen Madrid e Barcelona) polo que se converteu rápidamente en receptora de abundantes subvencións para aeroportos.

Por outra banda, cando o cash deixou de fluír e o das subvencións empezou a esmorecer, tamén foi sinónimo do aforro de custos obsesivo –e contraproducente– o desprezo polos bos xeitos (comezando polo seu conselleiro delegado O’Leary)e a charramangada pailaroca feita cabin crew. Necesitariamos un terabite para recompilar todas as queixas que acumulou a compañía irlandesa e moitos de nós adquirimos conciencia sobre a necesidade de poñer a xeito o transporte de gando cando fomos coma reses en mans daquel persoal de terra que fuciñaba nas nosas pobres maletas en busca do quilo de máis que garantise unha facturación-penalización ou naquelas carreiras polas pistas de aterraxe en busca dun asento que nos gustase.

Pero como cantaba Mercedes Sosa, todo cambia. Ryanair tamén, que agora buscan un perfil máis Isco ou Iniesta: bo rapaz, ao que é difícil odiar. Ou polo menos, iso parece desde decembro de 2013, cando comezou a cambiar algunhas “prácticas” que lle proporcionaron: a)unha baixada de reputación severa (escollíase esta compañía “si non hai máis remedio”); b)munición para os seus competidores, como Vueling, que gañou pasaxeiros facendo o contrario que facía Ryanair ata entón e sobre todo, c) unha baixada de tres millóns de pasaxeiros no 2013.

E iso, queridas lectoras, non hai conselleiro delegado que o ature.

Pode ser que entre a actitude do viaxeiro cambie á vez que aumentaba o uso das redes para medir reputación: desde “a xente está disposta a transixir e ir un pouco máis apertada a cambio dun desconto que compensa” ata a pléyade de webs nas que deixar opinións sobre toda a cadea de servizos turísticos, desde hoteis a restaurantes e por suposto, medios de transporte está o camiño dos cambios de Ryanair, que desde finais de 2013 son:

–Permiten levar unha segunda bolsa de man xunto á equipaxe de man.
–Unha rebaixa no custo de impresión da tarxeta de embarque, si fíxose xa a facturación en liña con anterioridad
–Permiten reservar asentos.
–Rebaixa “navideña” nos exceso de peso da equipaxe.
–Mellor trato ao pasaxeiro por parte da cabin crew.
–E grazas, grazas de verdade, por quitar o son do cornetín que poñían cando o voo chegaba á súa hora. Non sabemos si era por facer unha coña ou porqué pero ese detalle facíanos pensar que cando repartiron o humor, acaparárono todo os seus curmáns británicos.

Que tradución ten este cambio para o turismo en Santiago de Compostela?

A posición de Ryanair volveuse my agresiva durante os anos máis duros da Gran Recesión e a situación foi moi complicada.

Por unha banda, os concellos non dispoñían de tanto diñeiro para subvencionar a Ryanair (facer campañas publicitarias con Ryanair máis ben) que vivía en boa medida destes ingresos. Por outra banda, a Comisión Europea ameazou en varias ocasións con prohibir este tipo de axudas, o que obrigou a moderar o perfil agresivo que mostraba a compañía irlandesa nas negociacións con organismos públicos.

O caso é que a compañía recuperou algo de crédito grazas ao seu proceso de “humanización” e parece que a bonanza regresa a Lavacolla. Segundo informa o eficiente portal AeronoticiarioSCQ, a low cost irlandesa está negociando para ampliar as rutas internacionais a Lavacolla e tamén para abrir a primeira base operativa no norte da Península.

Agora mesmo operan trece voos, dez nacionais e tres internacionais, na capital de Galicia. Esta descompensación afecta, e moito, ao número de turistas que legan á cidade, o que non se corresponde co valor turístico de Santiago. Ademais, serviría para rivalizar co Sá Carneiro de Oporto. A cidade lusa vive un boom turístico grazas, en parte, ao gran arrastre dos seus voos.

O novo rostro humano de Ryanair pode facer que reverdezca algúns laureles e a súa intención de establecerse en Lavacolla non pode ignorarse porque xa se demostrou que é a mellor compañía para o sector turístico.

É certo: piden ben de cartos para facer campañas de publicidade (unha distracción da subvención directa) pero quizais este sexa un tema para estudar coa calculadora diante. Hai que valorar o retorno económico que proporciona a Santiago e a Galicia este tipo de investimentos. Ademais do estrito punto de vista empresarial, tamén hai que poñer na balanza o efecto que ten en emprego directo e indirecto na zona. Quizais así se aclaren as cousas. Hai que recordar que tamén se deu máis diñeiro a outros por moito menos e do retorno, nunca máis se soubo.

A ver en que acaba todo.

Vostedes coñecen a humanización dos irlandeses?.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *