Saltar ao contido
Actualidade / Presume de Galicia non para de presumir.

Presume de Galicia non para de presumir.

presibegoña
Francisco González, Presidente del Cluster de Turismo de Galicia entregando el premio a Begoña Herránz.

Máis de 100 mil usuarios en internet interactuaron na Campaña ” Presume de Galicia”, posta en marcha a mediados de agosto polo Clúster de Turismo de Galicia segundo un primeiro balance.

A empresa compostelana Mr Turismo, adxudicatario da campaña continúa cos traballos para alcanzar os obxectivos ata final de ano.

Máis de 100 mil seguidores en dous meses para Presume de Galicia. O Cluster de Turismo califica os resultados destes primeiros sesenta días como un éxito, con preto de mil fotos de experiencias recompiladas en www.presumedegalicia.com. As redes sociais son o escenario principal desta iniciativa, na que galegos e namorados de Galicia soben fotos á web da comunidade e interactúan para lograr un premio mensual.

Facebook é o principal medio social do proxecto, no que cada día móstranse as fotos que os presumidores comparten, dando a coñecer os seus recunchos favoritos de Galicia. Máis de cincuenta mil seguidores comparten a súa paixón por Galicia nesta rede, destacando as instantáneas de praias, atardeceres, cataratas, pozas e ríos, que son as máis recurrentes. A comunidade en Facebook, que comezou a funcionar o ano pasado nunha primeira fase da campaña, viuse incrementada nestes dous últimos meses en 20.000 novos fans que comparten os seus recunchos como presumidores de Galicia.

lafotodebegoña
Foto de Begoña Herránz premiada con más de 700 aplausos. Fuente.- Presume de Galicia, Cluster de Turismo de Galicia.

Os altos datos de participación demostran que a mensaxe gustou nos medios sociais e a tónica no resto de redes sociais e a web manteñen uns resultados que fan que nos achemos máis motivados no equipo de Mr Turismo para conseguir obxectivos máis ambiciosos coa campaña. Ata do agora, máis de 53 mil fans en facebook, preto de 2000 en twiter, máis de 2400 en instagram e 30 mil visualizacións en youtube do vídeo promocional son datos que apuntan ben.

A comunidade en esencia está composta por persoas que queren coñecer, a través de imaxes, recunchos especiais que propoñen outros usuarios. As redes sociais fomentan tamén o sentimento de paixón por Galicia, que é o denominador común de todos os participantes, residan ou non en Galicia. En Mr Turismo, tamén estamos sorprendidos coa calidade dalgunhas das fotos, moitas delas traballadas, rescatando momentos inesquecibles pero con gran plasticidade.

A campaña que oferta diferentes premios aos participantes (voo en ultralixeiro, estancias de fins de semana, tren termal etc , entregou un premio a Begoña Herránz de Vigo, que foi a gañadora do premio do mes de agosto con máis de 700 aplausos (sistema de votación do concurso) á súa foto tan valorada polo público.

A finais de ano o usuario que logre máis aplausos recibirá como premio unha cámara Go Pro. A evolución dos votos pódese ver na sección “Fotos máis votadas” da web da comunidade, onde os rankings diarios, semanais, mensuais e anuais fomentan a competitividade e a virilidad da campaña.

BegoñaHerranz
La premiada entrevistada por los medios

Como xa contabamos no seu día, en Mr Turismo seguiremos buscando eses superpresumidores con capa e antifaz virtual como os nosos superheroes que xenerosamente ceden o seu tempo e as súas fotos para que quen nos visita non lles falte detalle de que cousas poden ver a través dos ollos de Presume de Galicia. Manteñamos o ritmo!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *