Saltar ao contido
Blogue / 5 pautas para o marketing de contidos

5 pautas para o marketing de contidos

marketing de contenidos
marketing de contenidos
O contido ten que impactar

A xungla do marketing en liña xa ten un lema permanente, polo menos, ata o ano que vén: “os contidos son o rei dunha estratexia de marketing en liña seria”. Por suposto, estamos máis que de acordo nesta afirmación e xa llo contamos aquí. Agora ben, trasladar do dito ao feito un refrán é difícil. Centralo nun sector concreto, é aínda máis complicado. O marketing de contidos é todo, tamén no turismo, pero de nada serve dicilo si non sabemos que tipo de contidos son os que máis nos convén aplicar no noso negocio turístico particular e sen unhas nocións sobre como facelo.

Por qué contidos, contidos, contidos?

O obxectivo primario de calquera dunha estratexia de contidos é a fidelización, por suposto. A non ser que sexamos os CEO da cadea hoteleira Hilton, é moi probable que teñamos que traballar moi duramente o engagement co noso público obxectivo.

Un segundo motivo polo que o contido é o rei é grazas a Google: a nosa páxina verá mellorada a súa posición en buscadores (SEO) si a actualizamos periodicamente. Hai que darlle vida porque Google non dá premios ás webs máis paradiñas.

E para rematar, as solucións. Si pero con case todo o relacionados co marketing de contidos resúmese en aportar solucións. O que nos resolve válenos, e o que non… Iso si, tamén hai que ter en conta as keywords. Todo o que aportemos está ben pero se nos axuda a distinguírmonos e superarmos á competencia, mellor. Antes de escribir debemos saber que palabras son as que nos interesa destacar no corpo do texto: se somos un restaurante pois serán “restaurante cidade”.

Antes de explorar cales son os tipos de contidos que podemos atopar para o noso negocio, é importante que repasemos axiña algunhas nocións sobre como iniciar unha campaña de contidos dun xeito coherente.

Pautas para a creación de contidos:

  • Coñecer as nosas forzas e feblezas: os contidos que vaiamos compartir xorden logo dunha avaliación do noso establecemento: si trátase de dar saída a un camping, por exemplo, temos que ver cales son os nosos puntos fortes (equipamentos de luxo, ou ubicación privilexiada, ou quizais ambos) e facer deles nosa carta de presentación.
  • Definir qué conceptos imos trasladar: Cal é o concepto polo que imos ser coñecidos nas redes e medios? Si quixésemos dar a coñecer un restaurante que serve alimentos que proveñen da agricultura ecolóxica e sostible, debemos facer do lifestyle saudable a nosa particular teima. Hai que ter en conta que o concepto ha de ser adaptable a calquera medio ou dispositivo no que vaiamos compartir contidos.
  • O plan de traballo, fundamental: cándo compartir, cal é o ton que empregaremos, que información é valiosa para o noso público obxectivo… E sobre todo, como escribilo para que nos aporte melloras en SEO.
  • Coidado coa redacción: os post do noso blog poden facer moito pola nosa web. Por exemplo, é bo que o título debe conteña palabras polas que queremos diferenciarnos (“hoteis en Santiago”). Tampouco debemos ser ríxidos cos titulares –é bo dar unha aparencia de normalidade– pero iso si, sexa o titular que sexa, debe figurar no primeiro paragrafo do post que esteamos a compartir. É moi recomendable ter catro links: dous internos (apuntando a outros contidos na nosa web) e dous externos (cara a outras webs).
  • Compartir en redes para gañar tráfico na web: cada contido que poñamos a disposición do público das redes sociais é unha tarxeta de visita para nosa web e podería selo para o noso establecemento. Nunca debemos esquecer que

Con estas ideas aclaradas, vexamos que tipo de contidos teñen máis probabilidades de ter éxito –isto é, resposta, conversación e venda– segundo o equipo de contidos de Google para Latinoamérica.

Segundo os responsables do xigante da Rede, existen tres tipos de contido que ofrecen unha mellor resposta ás necesidades dunha marca en internet: hero content, hub content e hygiene content.

A actitude deste tipo de contidos pode resumirse nunha palabra: dinamismo. Os youtubers funcionan como modelo de produción pola súa dedicación aos seus usuarios e pola procura permanente da sensación e a novidade.

  • Hero content: ou contido heroico, é aquel que busca conmover á audiencia a través dunha historia de superación, ou que busque a emoción por encima de todos os valores dispoñibles. No caso das multinacionais, Nike sería un exemplo deste hero content coas súas campañas de vídeo Como funcionan no sector turístico? Pois atopamos algúns exemplos en promociones sobre o Camiño de Santiago ou Galicia como destino. Son campañas feitas desde as institucións e nelas se potencian os valores sensoriais como tacto, sabor, vista? Pero un exemplo máis axustado á categoría hero atopámolo en moitos youtubers anglosaxóns que se poñen a facer o Camiño de Santiago. Nas súas pezas de vídeo se promove a espiritualidade, os valores altruístas, a comuñón coa natureza. Estes exemplos poden ser unha boa base para organizar o contido dun establecemento turístico
  • Hub content: o obxectivo deste tipo de contido é a fidelización e a acumulación de datos dos nosos clientes e/ou visitantes. A repetición é unha vitoria, non se nos esqueza. O contido destinado a elaborar unha base de datos é apropiada para vos negocios turístico xa que contan con recursos visuais e escritos cos que captar a atención. Non é preciso abafar aos visitantes da nosa web con formularios burocráticos, senón que un sinxelo correo electrónico xa é suficiente para elaborar a nosa base de datos. Por exemplo: un restaurante pode ofrecer unha mostra de cartas dixitais na súa web; si un visitante quere recibir máis información sobre o soporte ou sobre a comida exposta, non ten máis que deixar un mail de contacto. Paso a paso faise unha audiencia fiel ao noso sitio web e, probablemente, ao noso establecemento.
  • Hygiene content: este tipo de contido está dedicado única e exclusivamente a resolver problemas ou dúbidas que xurdan no noso público potencial. Sabemos que moitas das consultas que se fan en Google son para resolver cuestións. Se nos anticipamos a estas preguntas, gañaremos audiencia e prestixio. No sector do turismo, pode orientarse de moitos xeitos: un hotel pode dar recomendacións sobre que facer na cidade; un restaurante pode ofrecer consellos sobre como preparar tal ou cal produto ou un camping pode dar información sobre como preparar ben unha estancia ao aire libre.

Estes tres tipos de contidos poden darnos pautas sobre que é máis útil compartir para a nosa audiencia, ou que resulta pouco atractivo. É importante que contemos con estas pequenas pautas para optimizar o noso traballo en redes.

Imaxe: herocontent.com

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *