Saltar ao contido
Actualidade / No aire a nova web da trattoría Trecolori de NY.

No aire a nova web da trattoría Trecolori de NY.

Xa o anunciabamos fai uns meses e pese a que aínda estamos pendentes dos últimos cambios a dirección do negocio neoyorquino decidíu cambiar canto antes a súa imaxe web na que Mr Turismo foi a empresa encargada de realizar este traballo. No aire a nova web para trattoría Trecolori.

Si algo podemos dicir deste traballo é a sencillez. Era fundamental para a dirección deste exitoso negocio neoyorquino, situado en pleno Times Square, cambiar o seu desenvolvemento web pasando dunha web 1.0 a unha web totalmente renovada cunha versión responsive adaptaba aos tempos máis nunha cidade tan cosmopolita como NY que un público tan conectado e esixente tecnolóxicamente falando.

A sencillez da web pasa por teasers adaptativos a calqueira pantalla (responsive), onde en 4 simples pantallas baixando o scroll podes saber: onde está, qué se come, unha galería de fotos e qué opinan da trattoría. Todo isto complétase cun menú lateral que profunda na oferta e servizos, entre os que destacan un configurador de menús para grupos, marca da casa do sistema Moncake, un CMS para o sector turístico no que colaboran en joint venture Primate e Mr Turismo.

Ademáis do desenvolvemento, tamén nos encargamos do copy da web e da fotografía, contando cos inestimables servizos do fotógrafo madrileño afincado en NY, juan Ude, do que desde aquí agradecemos a súa actitude con este traballo pese a diferenciarse un pouco da súa habitual carteira de clientes.

En Mr Turismo non paramos de agradecer a confianza desta familia orixinaria de Galicia que tantos éxitos cosechan con este negocio na cidade de NY que devandito sexa de paso, goza en picos altos cun persoal de máis de 40 persoas e con cotas de facturación ano inimaxinables si non se coñecen as particularidades desta sinxela pero sólida trattoría galego-neoyorquina. Xa virán en breve os tempos do seu novo negocio: a taberna galega Tomiño. Contarémosllo…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *