De todos os medios de transporte nos que se poida percorrer o Camiño de Santiago, a bicicleta é un dos nosos favoritos, non só polos seus cero emisións, senon porque ademais conta cun motor 100% humano.
Cycling The Camino é unha compañía, con sede en Compostela, especializada na planificación e o aluguer de todo o imprescindible para levar a cabo o Camiño de Santiago en bicicleta. Alforxas, casco, bicicletas… Los peregrinos interesados poden solicitar todo o material necesario e dispoñer del para poñerse en marcha dende diferentes puntos de España, Francia e Portugal.
Non obstante, en Cycling saben que pedalear en solitario pode resultar especialmente duro, polo que decidiron facer o camiño máis doado e contar a partir desta nova etapa con Mr. Turismo. Porque na era 2.0 son moitos, e cada vez máis, os atallos que pode percorrer unha empresa para chegar aos clientes, traballamos con Cycling The Camino para desenvolver unha web axeitada con motor de reservas propio e unha estratexia de Mercadotecnia Dixital. Ademais da xestión en redes sociais, para un negocio tan de segmento é moi interesante potenciar os seus servizos a través dunha campaña SEM, sen esquecer o traballo en SEO, que debe ser unha constante que permita indexar palabras clave vinculadas coa empresa.
Entender un negocio, pensar un plan 360º ad hoc e conseguir resultados. Mr Turismo segue avanzando a velocidade de cruceiro, aínda que, neste caso, sobre dúas rodas.