Fai uns meses, moi próxima á realización do Fairway o pasado mes de Outubro de 2015, Mr Turismo realizou unha primeiro avance creando o logotipo desta asociación e algunhas aplicacións da súa imaxe corporativa. Agora a asociación, unha vez constituída no marco da cidade de Santiago e os seus Camiños, coa aprobación dos seus estatutos e a acta fundacional, pon en marcha a súa nova imaxe e estratexia web para o Gremio de Hospedaxe de Compostela e Camiños de Santiago co obxecto de captar socios para esta nova iniciativa.
Un grupo de empresarios turísticos da cidade de Santiago e dalgunhas localidades polas que pasa o Camiño, pon en marcha esta necesaria iniciativa contorna a agruparse empresarialmente para traballar de xeito conxunto aos diferentes aloxamentos que se dispersan por todos os Camiños de Santiago en Galicia co obxecto de levar accións de marketing conxuntas para os futuros socios do Gremio.
Para este primeiro paso, encargan a web á empresa compostelana Mr Turismo, Marketing en Acción, nunha primeira fase, máis orientada a poñer en valor as accións levadas a cabo polo Gremio e á captación de socios para este novo colectivo. A proposta por parte de Mr Turismo, foi presentar un traballo web que se contemplase unha primeira fase de saída e arranque, pero que dita web, naza con vocación de crecemento e que sirva de base para a creación dun auténtico portal con accións de produto, comercialización e formación.
Nesta primeira fase, que nace con sección de noticias, blog, formularios de inscripción para novos socios e descargas de todos os documentos necesarios para facerse socio do Gremio, conta tamén cunha pequena descrición dos Camiños de Santiago, con breves apuntes dos puntos máis importantes nos tramos galegos, así como un breve directorio dos socios que se integren en cada un dos Camiños, referenciados e xeolocalizados.
A idea de crecemento pasaría por implementar microsites para os socios, coa posibilidade de integrar motores de reserva aos que así o desexen, e dar opcións de prezos moi competitivos para servizos de marketing dixital en cada un dos negocios vinculados ao Gremio, ademais de converter a ferramenta nun portal ben posicionado para recibir información sobre os eventos e os recursos turísticos dos concellos polos que pasa o Camiño.
Proxecto máis que necesario, para que os aloxamentos do Camiño de Santiago e da cidade, velen polos intereses dun sector que cada vez máis lle unen cuestións vinculadas ao Camiño que tanto éxito está tendo nos últimos anos e que Mr Turismo quere estar ahí por razóns que lle vinculan empresarialmente co Camiño de Santiago como é a iniciativa do Fairway do pasado 2015.