A asociación de empresarios de Hostelería de Santiago, encarga un anteproxecto para a proposta gastronómica da nave 5 da praza de abastos de Santiago de Compostela.
Mr Turismo forma un equipo multidisciplinar para presentar unha proposta solvente.
A Asociación de empresarios de hostelería de Santiago de Compostela quere optar a dar unha proposta gastronómica ao novo uso que se lle quere dar á nave 5 da Praza de Abastos de Santiago. Como é sabido, o mercado de abastos de Santiago está nun absoluto proceso de transformación, cunha mellora estratéxica dos seus servizos e a rehabilitación integral das naves que integran o mercado de Abastos.
Ante a proliferación nos últimos anos dos mercados gastronómicos por toda a xeografía española, unha de mellórala destes servizos da Praza de Abastos pasaba pola reutilización da nave 5 do mercado para uso gastronómico.
Hostelería Compostela ten intención de acudir como parte interesada ante o Concello de Santiago, titular do mercado de abastos de Santiago, para a realización dunha proposta gastronómica no mercado.
Para a elaboración da proposta, Hostelería Compostela propón a Mr Turismo, Marketing en Acción, como empresa responsable da súa elaboración, a cal conta cun equipo multidisciplinar formada por un estudo de arquitectura, un instalador de cociñas, 2 cocineros, un economista e técnico en Turismo, unha enóloga e un xornalista gastronómico co obxecto de lanzar unha proposta solvente, creativa e innovadora para a asociación de empresarios de Hostelería.
No caso de que a proposta sexa do agrado de todas as partes, Mr Turismo e o equipo formado para tal fin, encargarase da redacción do proxecto definitivo para a asociación de empresarios.