Nos últimos anos a maneira que teñen as empresas para comunicarse cos futuros clientes e darse a coñecer foi mutando debido ao gran monstro, ¡internet!, e por suposto, a esas ferramentas que xa forman parte das nosas vidas, ¡as redes sociais! E non só cambiou a forma de comunicarse con eles senón tamén a de publicitarse e darse a coñecer. En parte, a culpa disto, a ten outro gran titán, Google, e en especial, unha das súas múltiples ramificacións, a súa plataforma de Google Adwords. ¿Que qué ofrece esta plataforma? Dous canais para anunciarse moi interesantes (pagando, por suposto):
• A rede de procura: que veñen sendo os anuncios patrocinados que aparecen xunto aos resultados de procura ou encima destes e o cliente só terá que pagar se os usuarios clican en dito anuncio.
• A rede Display: neste caso os anuncios non aparecen nos resultados de procura senón que aparecerán en páxinas e webs cun contido similar ao indicado. Por esta metodoloxía os clientes pagarán ou por impresións (nº de veces que aparece o anuncio) ou por clic. Pero, ¿Como funciona realmente?¿Estamos falando de maxia? Sigan lendo…
Esta segunda metodoloxía de comunicación e publicidade ofrece a posibilidade de colarse de maneira pouco intrusiva, no computador dos usuarios que estean consultando sitios webs, páxinas de vídeo ou aplicacións cunha temática similar ao noso produto, ademais, por se isto fose pouco, Google dános permiso para introducirnos mesmo nos seus propios servicios, como Maps ou Gmail; podendo chegar desta maneira a un gran número de usuarios, os cales, ademais, están interesados en cousas relacionadas co meu produto.
Para facelo máis visual poñamos un exemplo:
Supoñamos que estamos na nosa casa tranquilamente lendo unha nova na versión online do Correo Galego ou de calquera outro xornal e empezan aparecer como por arte de maxia anuncios relacionados con esa nova tan interesante que estamos lendo, como pode ser o caso dun anuncio de Presume de Galicia entre as novas sobre turismo, vacacións, Galicia…; ou un anuncio sobre Galicia MICE en novas sobre un congreso, unha feira ou outro tipo de eventos. Isto non son casualidades, nin estamos no Show de Truman con cámaras vixiando os nosos movementos, isto é debido aos mencionados anuncios de Google Display, gracias aos cales non é necesario chegar a un acordo co medio para realizar a publicidade, e ás palabras clave empregadas polos anunciantes á hora de crealos.
Por conseguinte e como poderedes observar, unha das principais vantaxes de realizar unha campaña en Google Display é a notoriedade, xa que o anuncio chegará a máis do 80% dos usuarios de Internet. Pero non é a única vantaxe…:
• É unha publicidade pouco intrusiva debido a que respecta os gustos, intereses e hábitos de navegación dos usuarios.
• Facilita a segmentación do público ao que lle chegará o anuncio por localizacións, temas e audiencias.
• Emprega formatos de anuncio máis atractivos (os cales tratarei máis adiante).
• Mellora a notoriedade da marca e axuda a fidelizar aos clientes.
• Aumenta as posibilidades de interacción co cliente.
• O CPC ou coste por clic é máis baixo que na rede de procura e o número de impresións maior.
Pero antes de comezar a crear o voso anuncio, tede en conta estes consellos da que debedes facer antes e durante a creación do mesmo, pois se non os tedes en conta… ¡acabaredes malgastando o voso diñeiro! Así que… tomade boa nota:
• Antes de comezar:
– Determina o teu público obxectivo: para poder enfocar correctamente a campaña debes coñecer ben a quen te dirixes, ¿qué tipo de clientes queres conseguir con ela? Se non coñeces cal é o teu público, terás que facer un proceso de investigación para poder situar os anuncios fronte ás persoas adecuadas realizando o proceso de segmentación adecuado. Para elo debes pescudar os sitios que visita, as palabras clave relacionadas coa túa oferta ou similares, a localización xeográfica e en algúns casos tamén pode ser de axuda coñecer datos demográficos como idade e xénero.
– Coñecer ben cara onde enviamos o tráfico: é necesario redirixilo a unha landing page completa, coa súa información de contacto, a historia da empresa, o que ofrece e por que o ofrece, imaxes… ademais, debes ter un apartado cos termos, condicións e políticas de privacidade. Polo que… ¡non escatimes en información!
• Á hora de crear o anuncio:
– Ten coidado coas palabras clave: Fai un mal uso das mesmas, pode facer que se produza un gran aumento do teu gasto pero este tendo un baixo rendemento.
– Investiga por Google Display: Proba todas as novas opcións que te vai ofrecendo Google, como ofertas personalizadas de palabras clave, segmentos de mercado e categorías de afinidade, multiplicadores de ofertas…
– Ve axustando os anuncios en función do rendemento: Isto se consegue axustando o porcentaxe para certas localizacións, temas, intereses, categorías…
– Non empregues só anuncios gráficos: Vale a pena agregar tamén anuncios de texto, pois demostraron que ofrecen unha excelente resposta directa.
– É importante ir probando: Principalmente en canto ao conxunto de anuncios, tamaños, estilos…
Unha vez creado o teu anuncio en Google Display (mellor se é seguindo os consellos anteriormente citados) non esperes conseguir os mesmos resultados que lograrías con unha Campaña de Procura, pois as campañas de Display están máis orientadas a aumentar a notoriedade. E agora que xa o sabes todo… ¿atreveraste a poñelo en práctica?
Esperemos que esta información te axudara, e se necesitas consello para elaborar a túa campaña… ¡pon a Mr. Turismo na túa vida!