Un día oínlle dicir a Manuel Rivas, que Galicia é un pobo que leva toda a vida intentando suicidarse e nunca o consegue. E sinceramente, non me digan porqué hoxe acórdome desta frase, a cal cada día compréndoa máis.
Cada vez que me movo pola nosa paisaxe galaica, e métome en pobos, aldeas ou cidades, xa sexa de interior ou de costa, e vexo a cantidade de aberracións urbanísticas e demais lindezas que fixemos coa nosa arquitectura, os nosos recursos, a nosa paisaxe, e á fin e ao cabo, coa nosa cultura, non me queda outra cousa que ter un sentimento atopado entre a tristeza e a indignación. Agora e vendo a que está caendo, aínda este sentimento atopado indígname máis por todos os erros cometidos, porqué posible era desde logo.
Si en turismo, cando desenvolves un produto, moitas veces a base do mesmo son os acenos de identidade dun territorio polas cales diferénciaste, onde as políticas de conservación, a posta en valor do patrimonio, facelo suficientemente atractivo para que sexa visitado e admirado pola xente que nos visita, son vitais para o éxito ou fracaso do atractivo dun destino turístico. Reflexionemos si en Galicia fixemos ben os deberes neste sentido.
Como nadamos na ambulancia, a ver si dunha vez poñemos o obxectivo no que nos queda, que non é pouco, e dun xeito decidido, a alguén se lle ocorra algo tan aparentemente vulgar como unha campaña do tipo “Galicia Ponte Guapa” para incentivar, concienciar e mellorar a conservación da nosa cultura, paisaxe, arquitectura e o embelecemento xeral dun territorio tan especial como o noso e que algúns se empeñan en que nos suicidemos para beneficios duns poucos. Aproveitando agora que está a cousa un pouco parada… actuemos e regulemos por favor.
Estou seguro que si alguén se tomase en serio isto, se fomentaría riqueza, emprego e dignidade no pais do millón de eucaliptos e o feismo no seu máximo expoñente. Fagamos a operación maquillaxe antes de que os lobos do cemento, do eucalipto e demais lindezas, volvan polos seus foros e volvamos ás andadas.
Eu aposto pola campaña Galicia Ponche Guapa. Así de sinxelo…, así de complicado…xa vexo a promo na TV !!!!!