Saltar ao contido
Actualidade / Mr Turismo cada vez máis implicado co Forum Gastronómico Coruña 2015

Mr Turismo cada vez máis implicado co Forum Gastronómico Coruña 2015

Jordi Cruz en la edición del Forum del 2014, Forum Gastronómico Coruña 2015

Fukumoto, cociñeiro xaponés da cidade de Kobe galardonado con 3 estrelas michelin estará no Forum.

Ademais este ano, Mr Turismo aporta entradas ao Forum como a de Audi como coche oficial, o Club do Gourmet do Corte Inglés, Bacalaos Outón, o vermú Petroni entre outros.

Logo dunha estreita relación de anos co Forum en Galicia, Mr Turismo amplía cada vez máis a sua implicación con este evento en Galicia. Na edición coruñesa e a espectacular acollida que en 2015 está tendo o Forum, cun crecemento da feria perto dun 30 %, fann que ano a ano a colaboración da nosa empresa co evento vaia afianzándose.

Un exemplo é a colaboración con GMA. O cocinero xaponés Fukumoto estará o vindeiro mes de marzo, nunha sesión no Forum de Coruña, acompañado da man de GMA (Galicia Marine Aquaculture), empresa galega que en se converterá nunha das maiores productoras do abalón galego ou Orella de mar en cautividad en Europa.

GMA empezará en breve a comercializar o Abalón galego no mercado xaponés, un dos mercados de maior consumo deste produto, tan apreciado pola cultura milenaria xaponesa. Para iso, a través dun importante distribuidor xaponés cunha importante cota de mercado na alta cociña xaponesa, fará probas co Abalón galego para contrastar a súa calidade con diferentes postas en escena no prato deseñadas por este estrelado cocinero xaponés, Fukumoto.

fukumoto, Forum Gastronómico Coruña 2015

Parte da carreira de Fukumoto realizouna en España con chef con Andoni Adúriz e co restaurante Ca Sento de Valencia no que foi xefe de cociña. Tralo seu regreso a Xapón, inaugurou o seu propio restaurante Ca Sento na cidade de Kobe, na que nunha fulgurante carreira, alcanzou o recoñecemento coa máxima distinción coas 3 estrelas michelin.

En calidade de trade marketing do Forum de Coruña 2015 e as relacións coa empresa GMA, esta avisou da incursión de Fukumoto en Galicia e propuxeron facelo coincidir co Forum de Coruña. Mr Turismo propuxo esta posible coincidencia á dirección do evento, sendo a noticia acollida con satisfacción para o Forum, a cal materializouse cunha visita ás instalacións de GMA por parte dos dous codirectores do Forum Gastronómico.

gma
De izquierda a derecha, Oscar Santamaría (director de GMA), Jaume Von Arend (codirector del Forum), Tono Mugico (CEO Mr Turismo) y Pep Palau (codirector del Forum) luego de la visita a las instalaciones de GMA.

Desde Mr Turismo en breve, temos máis novidades das xestións que se están realizando para estreitar máis se cabe, as relacións con este evento, dando un impulso a accións de Feira coa chegada do Club do Gourmet do El Corte Inglés, Vermú Petroni, Bacalaos Outón e a colaboración con marcas como Audi como coche oficial do evento grazas Arrojo, concesionario oficial de Coruña entre otros.

O CEO de Mr Turismo, Tono Mugico, no seu día, foi en parte o culpable de que un proxecto como o Forum chegase a Galicia. A estreita relación co Forum, sendo o coordinador executivo do Forum nas edicións de 2008 e 2010 en Santiago de Compostela, fai cada vez máis notoria a colaboración en Galicia con este afamado evento gastronómico.

Agora xa so queda esperar as novedades do evento para esta edición de 2015.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *