Seguro que aínda non sabes se vas poder organizar a túa feira ou non pero como che comentamos nun post anterior a solución é fácil con Mr Turismo. Hoxe traémosche as 3 vantaxes das feiras e eventos virtuais fronte a COVID-19. Unha feira ou evento virtual vaiche dar a seguridade de que se poida organizar, que xa é moito nos tempos que corren.
Entre aforos e peches perimetrais seguro que nin te cuestionas organizar un evento, pero eses pensamentos tan negativos teñen que acabarse. Quédate aquí para descubrilas!
1. Despídete da preocupación polos aforos
As medidas de seguridade cambian con moita frecuencia, pero os aforos reducidos, aínda que cambiantes, sempre están aí. Esquécete de estar pendente e inviste para chegar a máis. Non hai porqué estar todos os días preocupados pola capacidade das instalacións, aforra en tempo e preocupacións.
Aquí xa non importa o distanciamento social!
Ó ser un evento virtual aquí non hai aforos e poderán ver os stands tantas persoas como queiran, sen aglomeracións nin lugares abarrotados. Isto da ós usuarios máis comodidade e, sobre todo, o que buscamos neste último ano, seguridade.
Nos eventos virtuais non hai límite!
2. Os teus eventos máis internacionais que nunca
Cos peches perimetrais os teus eventos quedan só para uns poucos cerrándote así moitas portas a novos usuarios. As feiras e eventos virtuais son unha solución para iso porque poderán conectar contigo dende calquera lugar e sen moverse da casa.
Todo isto conseguímolo con retransmisións en streaming para un contacto máis directo, reunións one to one con casado de axendas en formato workshop para un trato más próximo, píldoras ou talleres de formación para un maior e máis rápido aprendizaxe… É dicir, que da maneira más didáctica posible facemos que o distanciamento só estea no espazo.
Un valor engadido é que así afórranse os costes de desprazamento dos usuarios, algo que pode convencelos máis de cara a asistir ao teu evento. En definitiva, a comodidade absoluta!
3. Os eventos máis seguros
Aínda que se trata de espazos grandes, preparados e seguros, a manipulación de elementos é un risco e as labores de desinfección sácannos moito tempo. Xa non vai facer falta cas feiras e eventos virtuais. Os folletos e catálogos estarán no teu móbil ou ordenador se escaneas un simple código QR, algo ao que xa estamos máis que habituados. Os folletos estarán así sempre co usuario e para moito tempo.
Este ano de pandemia tróuxonos moitos cambios e algúns deles quedarán para sempre. É o caso das feiras e eventos virtuais. A Covid-19 acelerou que estes eventos se celebren desta maneira, pero non é algo estraño porque dan visibilidade, aforro e comodidade. Que máis podemos pedir? Todo o que a túa cabeza pode imaxinar, feito realidade con Mr Turismo. Asegura os teus eventos con Mr Turismo, consulta a nosa web ou contacta con nos no mail comercial@mrturismo.com ou no teléfono 604 022 856 e recibe toda a información. Podes consultar outras das nosas solucións para renovar o sector.