ESCAPE TOURS

Ensina o teu destino mentres xogas cos visitantes!

Os Escape Tours chegaron para converter os destinos turísticos nun xogo para os visitantes.

Sabes como podemos conseguilo? Un Escape Room é un xogo de investigación  no que un equipo, encerrado nunha habitación, debe ir resolvendo unha serie de pistas e probas de audacia ata conseguir saír. Nos últimos anos, esta actividade púxose de moda e converteuse en todo un referente do lecer interactivo.

escape tours

Dende Mr. Turismo propoñémosche sacar o xogo da súa sala e convertelo nunha experiencia turística, permitindo que os visitantes descubran os segredos do teu destino mentres se involucran nunha emocionante aventura

Convertemos calquera escenario nun auténtico circuíto de escapismo ao aire libre, creando unha historia personalizada e poñendo en marcha todos os recursos necesarios!

Cun Escape Tour

é posible…

… Transformar un destino turístico nun xogo de escape ao aire libre.

… Converter aos visitantes en protagonistas da súa propia historia, utilizando unicamente un teléfono móbil con conexión a internet.

… Dar a coñecer a historia, a paisaxe, a cultura e os recursos dun destino de forma interactiva, divertida e innovadora.

… Incorporar as novas tecnoloxías e os recursos virtuais á oferta turística.

reloj

¿Qué ventajas tiene?

… Tus visitantes aprenden y conocen el entorno jugando.

… Aportas a los turistas un motivo para quedarse más tiempo en el lugar.

… Puedes poner en valor recursos menos conocidos de tu zona.

… Mejorar la afinidad de los visitantes hacia tu territorio.

… Creamos una historia adaptada a la realidad, la documentación y los intereses turísticos de la gestión del destino.

Que vantaxes ten?

… Os teus visitantes aprenden e coñecen a contorna xogando.

… Achegas aos turistas un motivo para quedar máis tempo no lugar.

… Podes poñer en valor recursos menos coñecidos da túa zona.

… Mellorar a afinidade dos visitantes cara ao teu territorio.

… Creamos unha historia adaptada á realidade, a documentación e os intereses turísticos da xestión do destino.

reloj
candado

Como o facemos?

Deseñamos unha app onde está xeoposicionado todo o percorrido do Escape Tour.

Creamos unha historia personalizada para cada destino baseándonos nos seus principais recursos, xa sexan culturais, históricos ou arquitectónicos sen esquecer os personaxes, as lendas e a propia historia do territorio.

Elaboramos todos os recursos multimedia necesarios para poñer en marcha o xogo, integrando a documentación preexistente que se poida aproveitar.

En función da historia que deseñemos, seleccionamos o recurso multimedia que mellor se adapte á explicación en cada punto.

Que recursos utilizamos?

PDF’s e documentos descargables con información para avanzar.

Vídeos gravados con actores para facer avanzar a historia.

Contas de twitter e outras redes sociais de personaxes ficticios.

Vídeos panorámicos gravados con drone para obter vistas xerais de lugares emblemáticos.

Audioguías.

Alzados en 3D, fotografías 360º e vídeos inmersivos.

Números de teléfono virtuais con contestadores automáticos.

E opcionalmente, podemos deseñar un Escape Tour que conxugue o uso da tecnoloxía co papel, sen que isto supoña un gran sobrecusto.