Unha das adegas máis importantes e de maior traxectoria da D.O. Rías Baixas, Condes de Albarei, súmase á carteira de clientes de Mr Turismo, apostando por unha renovación da súa imaxe dixital. A nosa axencia encargouse de crear e lanzar a súa nova páxina web, incluíndo unha tenda online e un blogue, marcando unha nova estética nas publicacións en redes sociais.
É unha honra para nós poñer ao dispor desta cooperativa ao noso equipo, que traballa de xeito conxunto coa dirección de comunicación da marca para que os seus clientes, tanto profesionais como consumidor final, perciban a calidade e o mimo en cada elaboración da adega cambadesa.
A partir do claim “Sede de Rías Baixas”, desenvolveuse toda unha serie de materiais e elementos de marketing que “empaparon” todas as súas plataformas dixitais coa esencia dos albariños Condes de Albarei.
Tamén completan os nosos servizos sesións de foto de produto, exterior e de estudo, SEO, factoría de ideas e contidos.
Pazo Baión
A cooperativa Condes de Albarei é, ademais, propietaria do famosísimo Pazo Baión en Vilanova, Pontevedra. Un espazo dedicado exclusivamente ao enoturismo e á elaboración da sofisticada gama de viños singulares que dá como resultado a uva da leira. Un pequeno microuniverso que destaca pola súa beleza natural, a súa historia e un equipo especializado que coida cada detalle co máximo mimo.
Para esta adega da subzona Salnés desenvolvemos tamén unha nova web, na que se tentou poñer en valor, dunha forma moderna e á vez moi respectuosa co espazo, as magníficas estampas que nos deixa a parcela. Dá a benvida ao visitante un pequeno vídeo.
As redes sociais tamén están incluídas no plan de actualización da imaxe dixital de Pazo Baión, que se converteron nunha extensión do look& feel da páxina web.
Encántanos o traballo ben feito e non podemos estar máis satisfeitos de que unha marca cunha traxectoria tan impecable nos elixa para manexar algo tan delicado como a súa comunicación.