Saltar ao contido
Actualidade / Está claro que… ¡Como na Casa en ningunha parte!

Está claro que… ¡Como na Casa en ningunha parte!

Viaxar sempre é un placer, aínda que moitas veces non lle sepamos sacar o máximo partida aos nosos días de turismo por descoñecemento ou falta de tempo. Desta particular idea surdiu un dos últimos proxectos que se estiveron cociñando na cociña de Mr. Turismo, en colaboración con Catedral Suites, e que actualmente xa está listo para o seu consumo e disfrute.

Como en Casa, é unha empresa nada para que a pesar de que o turista estea a moitos quilómetros da súa casa, se senta o máis cómodo e confortable posible. Como expertos en turismo, cremos que non hai ninguén mellor para elixir unha zona na que aloxarse ou facer recomendacións sobre “qué facer”, que alguén que non só coñece o máis turístico da zona… senón que tamén coñece a “beleza oculta” da cidade. Pero… ¿qué é exactamente Como en Casa? Deixándonos de florituras, esta empresa xestiona aloxamentos destinados ao desfrute turístico, pero non uns apartamentos calqueira, senón apartamentos de primeira calidade (cada un ten as súas particularidades que o fan único e especial) situados nas mellores zonas da cidade de Santiago.

Na súa páxina web www.comoencasa.info poderás atopar os distintos aloxamentos que xestionan distribuídos polos mellores lugares da capital galega con incribles fotos e unha descrición detallada do establecemento e a súa historia. Pero non só iso! Na súa páxina tamén podes atopar rutas e excursións pola comunidade galega, e unha actualizada axenda cultural de Santiago que che axudará a planificar a túa viaxe, podéndoche guiar tamén polas súas tips ou consellos da cidade. Polo que se estás a pensar en realizar unha viaxe, ven e séntete Como en Casa connosco.

Mentres que a súa outra páxina web www.confiaencomoencasa.com vai dirixida a propietarios de inmobles e investidores que estean interesados en alugar a súa vivenda para uso turístico pero que non queiran estar todo o día preocupados por cuestións como a limpeza, as novas reservas, o chek-in… ou que directamente, coa nova normativa en Galicia, non saben ben como teñen que facer para ser unha vivenda de uso turístico. Polo que se formas parte dalgunha destas categorías, desde Mr. Turismo recomendámosche que confíes en Como en Casa para xestionar a túa vivenda.

Hoxe xestionamos aloxamentos turísticos en Santiago… pero a nosa proxección é chegar a toda España e por qué non… a Europa!

Proximamente nos mellores aloxamentos turísticos!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *