O derradeiro día 28 de decembro, a revista BenBo impresa baixo demanda saía ao reparto a todos aqueles fans incondicionais que apostan por proxectos editoriais de calidade que non deixa de ser un auténtico luxo para Galicia. Xa está BenBo nº 8 na rúa e os nosos lectores gozarana este Nadal.
Como sempre, a revista non deixa de sorprender nos seus contidos, coa variedades de tomates en Galicia, con datos bastante inéditos sobre as diferentes especies e características que ofrece este produto, tan difícil de atopar ás veces con sabor a tomate tomate.
As clásicas seccións da revista non deixan de estar presenten na revista, destacando a entrevista á xente do Restaurante Manso de Santiago, que con humildade van collendo unha traxectoria que non pasa desapercibida para o equipo de redacción de BenBo. Territorio contenedor, Vinolvidable, Inxebre, Diáspora serán contidos máis que entretidos para todos aqueles amantes da gastronomía da nosa Galicia máis escondida gastronómicamente falando.
Especial recordo adicamos a unha parella de enólogos, matrimonio na vida real, do mellorciño de Galicia nas súas profesións e aínda máis como persoas, nas que BenBo xa lle ía debendo unha pequena homenaxe a tantos anos de profesión e matrimonio. Especial emoción causounos este entrañable “mesa e mantel” no Restaurante Dous Reis, do Hostal dos Reis Católicos, para esta parella de sobre todo amigos, que nos fixeron gozar da súa conversación sobre o que significou a gastronomía nas súas vidas entre outras cousas. Mil grazas Cristina e Emilio por ser como sodes.
Xa estamos preparando a edición da número 9 que non podería ser realidade sen este equipo de incondicionais que loitamos contra vento e marea para manter este divertido proxecto para nosos aínda máis incondicionales suscriptores que son os verdadeiros héroes desta historia. Vémonos na 9.