Esta semana parece que vivimos na Galicia tropical e contemplamos unha insólita estampa: en pleno outubro paséanse con total naturalidade pola zona vella de Compostela colunas de turistas anglosaxón e xermanos con chanclos pero sen calcetíns. Pode ser un momento para probar novas ferramentas no turismo agora que parece que a tempada estírase un pouco máis. Hoxe queremos traer un dispositivo que pode ter utilidade á hora de ofrecer contidos de interese para as nosas campañas turísticas. Os beacons poden mellorar a experiencia turística e lograr conversións, xa sexa no noso restaurante, camping, hotel ou balneario.
Os beacons –termo que poderiamos traducir como baliza–teñen un potencial de gran utilidade para emprender con seguridade unha campaña de marketing de proximidade no noso destino turístico: o don de ofrecer as instrucións e/ou información comercial que cada un necesita no momento adecuado ao alcance do smartphone.
Observamos que pode ser un sopro de aire fresco na venda minorista porque brinda aos seus usuarios información de produtos e para acelerar o proceso de pagos cun sistema de desembolso sen contacto.
Atopamos unha empresa americana de nome galego, Estimote, que presenta un modelo de baliza bluetooth adaptable para as dimensións dunha tenda, un establecemento turístico privado ou para oficinas turísticas municipais estáticas ou en vehículos en movemento.
Pero imos por partes.
Os beacons ou balizas emiten sinais aos dispositivos móbiles que se baixaron a app correspondente. Están situados en puntos estratéxicos dun lugar e ofrecen información ou/e ofertas individualizadas. Por exemplo: está vostede paseando pola rúa de tendas de tal ou cal cidade. Ao pasar polo radio de influencia do beacon, este proporciónalle información curiosa sobre o lugar e ademais dille que si se achega a tal establecemento pode ter un desconto na súa compra: un contido personalizado deixa ao cliente satisfeito e dános moitas máis oportunidades de ver materializada a conversión.
Outra situación posible: atópase vostede facendo turismo nunha cidade estranxeira xa o longo das zonas máis interesantes hai uns cantos beacons pegados ás paredes. Estes poden emitir sinais con datos históricos de edifico, facilitar os seus horarios de apertura, ofrecer cupóns de desconto nas entradas correspondentes.
Ata o ano pasado, os beacons eran dun tamaño similar ao dunha alarma contra incendios. A empresa Estimote, con todo, lanzou unha liña de balizas que son dun tamaño moito máis pequeno, máis apropiado para situar en hoteis ou restaurantes ou ata unha liña de “pegatinas” que podemos adherir aos produtos que vendamos na nosa tenda.
Quén, cómo, cánto, ónde Beacons
Mencionamos aquí á empresa americana Estimote como distribuidora destas mini-balizas. Teñen unha batería de litio non recargable que dura de dous anos e medio a tres e alcanzan un perímetro de 700 metros. Venden dous modelos, os beacons, apropiados para tendas de minoristas, museos e institucións e uns “stickers”, pequenos colantes que se poden adherir a uns obxectos dos que nos interese saber información relevante (en macetas para dar información da planta como a súa vida, si hai que regala ou non, a especie?)
Están feitas de silicona e poden mollarse así que se poden pegar ao aire libre. Veñen incorporadas con sensores de movemento e temperatura para distinguir si o que pasa á beira é un coche, un humano?
Tecnicamente, todos os dispositivos habilitados para Bluetooth intelixente poderían captar sinais Bluetooth Low Energy. O Bluetooth Special Interest Group mantén unha lista de dispositivos compatibles con Bluetooth Low Energy. Estes inclúen os dispositivos de Apple desde o iPhone 4S en diante e dispositivos Android como: dispositivos de Samsung Galaxy S, Google Nexus ou Google Glass.
É necesario descargar unha app no móbil para que funcione o beacon? Si, sen app non hai maxia. Os beacons veñen cun hardware sdk que permite desenvolver calquera app: as posibilidades son infinitas. Pódense utilizar para desenvolver aplicacións que ofrecen os pagos sen contacto, marketing de proximidade, check-ins automáticos e moito máis.
Como clientes, xa podemos descargar a app de Estimote en App store para Mac e en Google PLayStore para android, as apps de proba para familiarizarse con elas.
Técnicamente falando, Estimote Beacon é un pequeno súper ordenador. Ten unha poderosa CPU de 32 bits con memoria flash de 256 kB, acelerómetro, sensor de temperatura e o que é máis importante – 2,4 GHz Bluetooth 4.0 intelixente (tamén coñecido como BLE ou Bluetooth baixa enerxía) de radio bidireccional.
O chamado bluetooth intelixente non ten nada que ver coa primeira versión de bluetooth (que en realidade nunca funcionou). É un estándar completamente novo, rediseñado desenvolvido por Nokia que agora se implementa en todos os smartphones modernos, como o iPhone de Apple 4S ou Samsung Galaxy S III e outros dispositivos intelixentes como Google Glass, rastreadores de Fitbit ou smartwatches.
A propia empresa que os comercializa, Estimote, proporciona información sobre como programar o noso equipo para poder ofrecer a información que queremos dar: datos de interese, ofertas de cupón das nosas tendas, etecé.
Lánzanse á venda este mes cun prezo duns 90 euros, que inclúe dez beacons, o hardware sdk.
Utilidades
Para o sector turístico pode ser unha ferramenta moi útil: achéganos aos nosos clientes que cada vez pasan máis tempo co nariz pegado aos seus dispositivos, podemos adiantarnos aos seus gustos ou preferencias ou ir indicándoas.
Por exemplo: un beacon nun restaurante pode ofrecer información detallada sobre a carta de viños do restaurante cruzada con información anterior sobre as preferencias do cliente, ou mellor aínda, pode dar a coñecer unha carta digital que aproveite o potencial visual dos pratos que ofrecemos.
Ou pode aportar información relevante sobre ofertas dispoñibles para aqueles que deambulan buscando un hotel no que quedarse. Ou dar información actualizada sobre todo o que necesitamos saber para gozar nas vacacións do noso camping.
Unha das vantaxes desta tecnoloxía é o seu prezo: por un desembolso non demasiado esaxerado é posible cubrir grandes espazos ou pequenas tendas. Agora ben, si incorporamos a tecnoloxía debemos estar dispostos a dotala cun contido de calidade e a estar sempre pensando en xeitos de atraer a cada cliente.
É unha ferramenta que nos facilita a ubicación actual do target ou cliente potencial e que nos dá xogo no marketing de de proximidade. Este tipo de marketing ten a vantaxe de poder comunicar ás súas destinatarios con rapidez, proximidade e de forma personalizada, conseguindo unha maior efectividade por impactar ao target na contorna de interese da campaña. Así que toca ser creativos á hora de ofrecer contidos que poidan explotar o potencial da ferramenta.
En Santiago vimos beacons na Cidade da Cultura: un gran acerto. Un complexo de edificios desta magnitude, que aspira a unha programación permanente e referencial, deben estar preparados para ofrecer contidos á vez que o visitante pasea: son demasiadas tanto a información como as posibilidades de promoción para deixalas nun só punto de información.
Discorremos moitos usos para os negocios de Compostela: as cadeas hoteleiras poden incluír ofertas ou información curiosa. O mesmo para a información da Compostela histórica ou para os negocios establecidos en áreas significativas. Os museos de Compostela poden organizar os seus eventos e historias de interese para ofrecelos en dispositivos móbiles, do mesmo xeito que os lugares de máis interese en Santiago, ou ata, para as asociacións de pequenos comerciantes.
Pareceunos unha ferramenta, como pouco, curiosa.
E vostedes que opinan?