Aviso Legal
1. LEI DE SERVIZOS DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN E COMERCIO ELECTRÓNICO
En cumprimento do disposto no art. 10 da Lei 34/2002 de 11 de xullo de Servizos da Sociedade da Información (L.S.S.I.) , dase a coñecer a seguinte información xeral:
Que o dominio www.mrturismo.com, a partir de agora sitio web, está rexistrado a nome de MR TURISMO MARKETING EN ACCION, S.L. con domicilio social en Prz Marcial Villamor Varela, 1D Baixo , 15703 – Santiago de Compostela (A Coruña) ou mediante correo electrónico a info@mrturismo.com; sociedade provista de CIF ESB70330683.
2. CONDICIÓNS DE USO
I.- USUARIOS/AS
O acceso a e/ou uso do sitio web de https://www.mrturismo.com, atribúe a quen o realiza a condición de usuario/a, aceptando, desde ese mesmo momento, plenamente e sen reserva algunha, as presentes condición xerais, así como as condición particulares que, no seu caso, complementen, modifiquen ou substitúan as condicións xerais en relación con determinados servizos e contidos do sitio web.
II.- USO DO SITIO WEB, OS SEUS SERVIZOS E CONTIDOS
O/a usuario/a comprométese a empregar o sitio Web e os seus servizos e contidos sen contravir a lexislación vixente, a boa fe, os usos xeralmente aceptados e a orde pública.
Así mesmo, queda prohibido o uso da Web con fins ilícitas ou lesivos contra O TITULAR ou calquer/a terceiro/a, ou que, de calquera forma, poidan causar prexuízo ou impedir o normal funcionamento do sitio Web.
Respecto dos contidos (informacións, textos, gráficos, arquivos de son e/ou imaxe, fotografías, deseños, etc.), prohíbese:
• A súa reprodución, distribución ou modificación, a non ser que conte coa autorización dos seus lexítimos/as titulares ou resulte legalmente permitido.
• Calquera vulneración dos dereitos do TITULAR ou dos seus lexítimos/as titulares sobre os mesmos.
• O seu emprego para todo tipo de fins comerciais ou publicitarias, distintas das estrictamente permitidas.
• Calquera intento de obter os contidos do sitio Web por calquera medio distinto dos que se poñan a disposición dos/as usuarios/as así como dos que habitualmente se empreguen na rede, sempre que non lle causen prexuízo algún ao sitio web.
III.- MODIFICACIÓN UNILATERAL
O TITULAR poderá modificar unilateralmente e sen previo aviso, sempre que o considere oportuno, a estrutura e deseño do sitio web, así como modificar ou eliminar, os servizos, os contidos e as condicións de acceso e/ou uso do sitio Web.
IV.- HIPERENLACES
O establecemento de calquera “hiperenlace” entre unha páxina web e o sitio web estará sometido ás seguintes condicións:
• Non se permite a reprodución nin total nin parcial de ningún dos servizos nin contidos do sitio web.
• Agás consentimento previo e expreso, a páxina web na que se estableza o hiperenlace non conterá ningunha marca, nome comercial, rótulo de establecemento, denominación, logotipo, eslogan ou outros signos distintivos pertencentes ao TITULAR
• Baixo ningunha circunstancia, O TITULAR será responsable dos contidos ou servizos postos a disposición do público na páxina web desde a que se realice o “hiperenlace” nin das informacións e manifestacións incluídas nas mesmas.
V. EXCLUSIÓN DE GARANTÍAS E RESPONSABILIDADE
O TITULAR non outorga ningunha garantía nin se fai responsable, en ningún caso, dos danos e prexuízos de calquera natureza que poideran traer causa de:
• A falta de dispoñibilidade, mantemento e efectivo funcionamento da Web e/os servizos contidos.
• A falta de utilidade, adecuación ou validez da Web e/ou os seus servizos ou contidos para satisfacer necesidades, actividades ou resultados concretos ou expectativas dos usuarios.
• A existencia de virus, programas maliciosos ou lesivos nos contidos.
• A recepción, obtención, almacenamento, difusión ou transmisión, por parte dos/as usuarios/as, dos contidos.
• O uso ilícito, neglixente, fraudulento, contrario ás presentes Condicións Xerais, á boa fe, aos usos xeralmente aceptados ou á orde pública exercitados no sitio Web, os seus servizos ou contidos, por parte dos usuarios.
• A falta de licitude, calidade, fiabilidade, utilidade e dispoñibilidade dos servizos prestados por terceiros/as e postos a disposición dos/as usuarios/as no sitio Web.
• O incumprimento por parte de terceiros das súas obrigas ou compromisos en relación cos servizos prestados aos usuarios/as a través do sitio Web.
VI. DURACIÓN
A duración da prestación do servizo do sitio Web e dos servizos é de carácter indefinido.
Sen prexuízo do anterior, O TITULAR resérvase o dereito para, interrumpir, suspender ou rematar a prestación do servizo da Web ou de calquera dos servizos que o integran, nos mesmos termos que se recollen na condición terceira.
VII. LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN
As presentes Condicións Xerais rexiranse pola lexislación española.
MR TURISMO MARKETING EN ACCION, S.L. e o usuario/a, con renuncia expresa a calquera outro foro que poidera corresponderlles, sométense á xurisdición dos xulgados e tribunais do domicilio do usuario para cantas cuestións poideran suscitarse ou accións derivadas da prestación do servicio da Web e dos seus servizos e contidos e sobre a interpretación, aplicación, cumprimento ou incumprimento do aquí establecido.
No suposto de que o usuario/a teña o seu domicilio fóra de España, MR TURISMO MARKETING EN ACCION, S.L. e o usuario/a, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidera corresponderlles, sométense á xurisdición dos xulgados e tribunais de Santiago de Compostela
3. USO DE COOKIES
O sitio web MR TURISMO MARKETING EN ACCION, S.L. pode utilizar cookies cando un USUARIO/A navega polos sitios e páxinas web do SITIO WEB. As cookies utilizadas polo sitio web asócianse unicamente cun USUARIO/A anónimo e o seu ordenador e non proporcionan por si o nome e apelidos do USUARIO. Grazas ás cookies, resulta posible recoñecer aos/ás USUARIOS/AS rexistrados despois de que estes se rexistraran por primeira vez, sen que teñan que rexistrarse en cada visita para acceder ás áreas e servizos reservados exclusivamente a eles. As cookies utilizadas non poden ler datos do seu disco duro nin ler os arquivos cookie creados por outros provedores. Os datos identificativos da persoa USUARIA son cifrados para maior seguridade.
O/a USUARIO/A ten a posibilidade de configurar o seu navegador para ser avisado en pantalla da recepción de cookies e para impedir a súa instalación no seu disco duro. Por favor, consulte as instrucións e manuais do seu navegador para ampliar esta información. Para utilizar o SITIO WEB, non resulta necesario que o/a USUARIO/A permita a instalación das cookies enviadas polo sitio web, sen prexuízo de que en tal caso será necesario que o Usuario/a se rexistre como usuario de cada un dos servizos cuia prestación requira o previo rexistro.
De igual maneira, os nosos servidores web detectan de maneira automática a dirección IP e o nome de dominio utilizados polo usuario/a. Toda esta información é rexistrada nun ficheiro de actividade do servidor que permite o posterior procesamento dos datos coa fin de obter medicións estatísticas que nos permitan coñecer o número de impresións de páxinas, o número de visitas realizadas aos nosos servizos web, etc.
4. BAIXA DE COMUNICACIÓNS COMERCIAIS
De conformidade coa lei de servizos da sociedade da información 34/2002 garantízaselle ao usuario a posibilidade de deixar de recibir información comercial nun prazo máximo de 10 días desde que comunique a súa vontade mediante correo electrónico dirixido a info@mrturismo.com.