Algún camiño levamos andado nisto do desenvolvemento de aplicacións para móbiles smartphones & tablets para Turismo e detectamos que hai aínda moitísima confusión respecto diso sobre como afrontar este tema na industria turística e sobre todo no mundo do aloxamento ou restauración. Co humildemente aprendido cremos como mínimo que a cuestión de decidir si un hotel deba ter unha App nativa, web App ou web mobile é para os seus propietarios un gran lusco fusco, xa que non hai un modelo a seguir claro e moitos optan por manterse á espera para ver como evoluciona.
En primeiro lugar, hai que aclarar un pouco o panorama…que boa falta fai. Empecemos por preguntas frecuentes:
Si o meu web xa se vé ben nun móbil por qué teño que ter unha app?
Crees que alguén se vai a descargar a app dun hotel como o noso?
Que lle dá unha app que non lle dea unha web a un usuario?
O peso da app é fundamental para que descarguen a app?
Debemos de cobrar pola descarga da app?
Para responder directamente estas preguntas, imos decatarnos primeiro do que aquí estamos falando…:
Qué é unha web mobile:
- É unha web que se ve desde un smartphone ou móbiles de última xeración ou tablet.
- Digamos dalgún xeito que o programador de toda web que se preciar axusta os parámetros (css por exemplo) para que a web se poida visualizar dende un móbil evitando tamén programas como o flash que impiden o súa visibilidade nestes dispositivos.
- Non necesita ningún desenvolvemento adicional e consecuentemente ningún custo só hai que telo en conta desde o principio.
- Dan problemas con algunhas funcionalidades xa que algúns botóns fanse demasiado pequenos para a navegación táctil e se precisa a ampliación de pantalla ademáis de provocar incómodos saltos ou desprazamentos da mesma de esquerda a dereita.
- É necesario sempre usar Internet, xa sexa por wifi ou por tarifas de datos, para poder utilizala.
A web app…
- Son desenvolvementos máis ad hoc, normalmente en html 5, que adapta mellor a navegación dunha web á pantalla táctil dos dispositivos.
- Teñen custo, pero moito menor que unha app nativa
- Facilitan moito o uso da web con esta versión, sobre todo para botóns pequenos, combos, buscadores, etc.
- Sempre é necesaria navegación por Internet, xa sexa por wifi ou tarifa de datos do dispositivo.
- Non se descarga de ningún market.
- Digamos que é unha versión intermedia entre a web mobile e a app
- Non interactúa ben coas funcionalidades do dispositivo, tipo mapas, redes sociais etc ao non ser un desenvolvemento nativo.
As apps nativas…
- Son desenvolvementos complexos e cun custo máis alto.
- Non usan navegador propiamente dito aínda que poida que algunhas funcionalidades precisen de internet (reservas, mapas etc).
- É necesario descargalos dos markets e ocupan espazo na memoria do teléfono ou de tarxetas adicionais de almacenamiento (SD). Os markets máis comúns son o Googleplay e o Apple store, un para os dispositivos con Android e os outros para os dispositivos de Apple, respectivamente. Existen outros markets como Windows Phone e Blackberry, pero agora mesmo téndese a programar en html 5 nestas versións de markets pola súa escasa incidencia
- Intégranse moi ben coas funcionalidades do dispositivo móbil: mapas, redes sociais, localizador por gps etc, a diferencia da webapp e webmobile.
- A súa navegación é máis intuitiva, útil e rápida. Tenden moito máis ao terreo do concreto.
- Manteñen un contacto máis directo cos usuarios e permiten maior interacción con eles, tanto por comunicacións por push como para a actualización de cambios substanciais da app.
- A xeolocalización é unha das principais vantaxes, podendo seguir indicacións de ruta desde orixe a destino sen saír da app.
Miles de noticias estannos dicindo a cantidade de usuarios que cada vez menos utiliza o seu ordenador para navegar, comprar ou consumir. Millóns de usuarios teñen acceso a smartphones & tablets, e en turismo xogan e xogarán un papel moi importante, con crecementos exponenciais de uso e compra moi destacados.
O normal é que os desenvolvementos de apps tendan a simplificarse e a baixar os seus custos. Se es un aloxamento turístico, terás usuarios que se decarguen sen problema o teu app, si o que ofreces ten calidade. Si ademáis tes clientela fidelizada, das contidos dinámicos á aplicación para ter á xente informada cando está gozando a súa estancia, darás unha boa imaxe e os teus usuarios agradecerano.
Si vas pretender ter unha app coa mesmo información e visión que a web, aconsellamos que descartes asumir o custo da mesma, por pouco que che custe porque non vai espertar moito interese do usuario.
Nin nos hoteis, nin nos destinos turísticos, atopamos razón para que se cobren as descargas das aplicacións turísticas e cada vez menos o peso da app ten importancia coa evolución do almacenaxe nos novos dispositivos
Á hora de tomar unha decisión sobre qué facer, a resposta é moi galega: depende. Moitos se preguntan que o lóxico é que os usuarios entren desde apps de metabuscadores ou OTAS do tipo Booking ou similar para reservar hoteis, aínda que en certa medida, por esa fórmula tampouco fan falla webs propias de hoteis por que xa entran desde a intermediación e como sabemos, non é así nin debe de ser así a tendencia se non queremos ser totalmente dependentes.
Non sabemos se temos razón, pero sen dúbida a nosa resposta é que estean preparados para telo todo, app, web mobile e o que se tercie, porque haberá usuarios para todos os gustos, nun futuro moi próximo. Ter web mobile non che exime de ter unha boa app, son cousas distintas para usuarios diferentes con distintas esixencias, depende como a afrontes, como a programes e como queiras traballar con ela.
O único que vemos é que cada vez hai máis hoteis con app nativa nos markets (sobre todo en Apple Store e Googleplay) dun tempo para a este parte e en Mr Turismo levamos un ano colaborando en crear un CMS (desenvolvemento web) turístico que se adaptará a todo o que aquí contamos e que en breve contaremos neste blog.
Hoxe en día en Turismo hai que estar preparados para todo tipo de situacións e usuarios; é un sector pionero e torres máis altas caeron, non lles parece?. Ao tempo…