Saltar ao contido
carteira / Anteproxecto para Proposta Gastronómica da Nave 5 Praza de Abastos de Santiago

Anteproxecto para Proposta Gastronómica da Nave 5 Praza de Abastos de Santiago

Propuesta Gastronómica

A asociación de empresarios de hostelería de Santiago de Compostela encarga o anteproxecto para a elaboración dunha proposta gastronómica para a nave 5 da Praza de Abastos de Santiago de Compostela. Todo un reto para Mr Turismo que agradece a confianza dos dous presidentes de hostelería, Jesús Sordo e J.M. Otero, que asinaron a aceptación da nosa proposta.

Para este traballo contamos cun equipo multidisciplinar formado polo estudo de arquitectura Blanco & Terán, Daniel Pulzoni e Jorge Carou como cociñeiros, Javier Rodríguez da empresa Rosareiro, instaladora de cociñas da marca Angelo Po, Higinio Vázquez economista e profesor de Turismo, Miguel Vila como xornalista, gastrónomo e director da revista gastronómica BenBo e Cristina Mantilla como enóloga de bodegas como Valmiñor, Valdesil ou Pazo de Fefiñanes entre outras.

Todo un reto para nós, que no caso de que fructifique, encargarállenos a redacción do proxecto final co obxecto de facer unha das propostas máis inéditas do territorio español pese á proliferación dos mercados gastronómicos en España nos últimos anos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *