Revista Gastronómica como e-book on demand apoiada por unha ferramenta dixital ou web blog que pretende converterse nun medio de comunicación de Gastronomía Atlántica Made in Galicia. Todo un atrevemento de Mr Turismo e os seus socios neste proxecto, a través dun novo modelo de negocio no mundo das publicacións en Galicia.
O universo gastronómico ten desde novembro de 2012 un novo medio de comunicación á súa disposición cheo de novas de actualidade, axenda gastronómica, BenBlog (blog corporativo de BenBo), suscripción en liña con pasarela de pago, entrevistas e a nosa Comunidade que se ofrece como canle para a promoción de bloggers e blogs que queiran publicar as súas post na nosa canle.
Sumado ao anterior, cada 4 meses, unha publicación gastronómica impresa para suscriptores, persoalizable en portada para negocios que así o desexen e moitas máis prestacións que aos poucos iremos comunicando.
Desde Mr Turismo encargámonos da conceptualización do proxecto, o modelo de negocio, deseño e maquetación da revista BenBo, imaxe corporativa e toda estratexia de marketing dixital: desenvolvemento da ferramenta dixital ou web blog, social media marketing, redes sociais corporativas e e-mail marketing.