Saltar ao contido
Actualidade / Sae á rúa o número 3 da revista gastronómica BenBo

Sae á rúa o número 3 da revista gastronómica BenBo

image

O terceiro milagre do ano. Así o clasificamos desde o equipo de Mr Turismo, que o proxecto editorial gastronómico BenBo, se vaia consolidando no tempo.

Logo da súa saída fai menos dun ano, o número 3 da revista gastronómica BenBo xa está na rúa. De edición cuatrimestral, cunha coidada fotografía, maquetación e deseño, BenBo destaca na súa portada un “Bonito e Sabroso” destacado como artigo estrela para este número.

Mantendo na linea editorial as súas seccións fixas como Territorio Contenedor, Con-marca, Conciencia, Inxebre, Mesa e Mantel, Diáspora, Re-comendo, Copa-Café e Puro etc, con colaboradores como Pep Palau, Sole Felloza, Marta Fernandez Guadaño, todos baixo a batuta de Miguel Vila.

Preséntase de novo unha máis que interesante publicación con contidos para profesionais e gourmets do panorama galaico sen fronteiras. Os Ricos, a Costrada, Pans de Galicia, o Bonito, a auga Mareira e un sen fin de artigos serán os verdadeiros protagonistas do número 3 de BenBo.

A publicación xa está á venda na tenda da web www.benbo.eu, tanto na súa edición impresa como a súa edición digital en pdf. A que esperas, non cha perdas. Acabarás devorándoa.

Desde Mr Turismo, en calidade de editor e productor executivo desta publicación, énchenos de orgullo que o proxecto de vaia consolidado aos poucos. Nun momento tan delicado, manter o nivel dunha publicación con esta calidade, non deixa de ser un pequeno milagre do que nos sentimos orgullosos. Así o faremos constar, cada vez que siga o milagre desde esta nova sección de actualidade de Mr Turismo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *