Saltar ao contido
Actualidade / A nova web de Artnatura xa está no aire

A nova web de Artnatura xa está no aire

web de Artnatura

A empresa de servizos de guías turísticos Artnatura abriu a súa nova web ao público.

Presenta como novidades a reserva en liña dos tours da Catedral e as excursións a medida.

A empresa de servizos de guías turísticos afincada en Compostela desde fai máis de 20 anos, Artnatura, puxo en mans de Mr Turismo a confianza para lanzar a súa nova estratexia de marketing digital. Redes sociais, nova web, web mobile, blog coorporativo ademais dunha completa reportaxe fotográfica foron algúns dos traballos de Mr Turismo para Artnatura.

Aberta ao público desde o día de onte, www.artnaturagalicia.com xa é unha realidade. E non son menores todas as novidades que presenta. Todo o produto de Artnatura desde onte 23 de xaneiro do 2014 está dispoñible nun só click para monitorizar as reservas e solicitudes de todo a súa portfolio de produtos: visitas guiadas á Catedral de Santiago, excursións a medida para grupos reducidos coa súa propia flota de vehículos, Tours Especiais para trasatlánticos desde o Porto de Vigo e Coruña, Visitas guiadas algunhas delas temáticas e algunhas delas con reserva en liña con pasarela de pago e emisión de bono reserva.

A empresa Mr Turismo mostra outra nova funcionalidad do CMS Moncake esta vez para unha empresa de actividades turísticas, o que demostra a fabulosa versatiildad do sistema no que levan traballando preto dun ano. Pasouse dun sistema válido para destinos, turoperación a un sistema válido para hoteis, casas de turismo rural, cadeas hoteleras, campings e agora mesmo válido para empresas de servizos turísticos.

Non queda outra que dar a enhorabuena a Artnatura e as grazas por confiar en nós.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *