María Mosquera conta cunha experiencia profesional no sector da comunicación de 10 anos e un background no mundo do Marketing Online de máis de 6. Xornalista licenciada pola Universidade de Santiago de Compostela, especializada en Internet dende case o comezo da súa carreira, formou parte de empresas pioneiras no seu sector como Acceso Group, Volkswagen Audi España ou Privalia. Traballa como asesora para pemes e startups dende 2010, é cofundadora do proxecto de formación en novas tendencias The Net Room, redactora na revista gastronómica BENBO e docente en AGAPFU (Ás. Galega para a Formación do Sector Publicitario) impartindo o curso “Gabinetes de Prensa 2.0”.