Saltar ao contido
Blogue / Dominios puntogal, un novo xeito de vender o teu negocio turístico

Dominios puntogal, un novo xeito de vender o teu negocio turístico

image

Esta semana abriuse a segunda fase na adquisición de dominios .gal logo da súa presentación o pasado 25 de xullo. Dagora en diante, calquera empresa poderá solicitar seu dominio puntogal. Este dominio designa calquera contido que estea escrito en galego ou que se refira a calquera aspecto da comunidade. Isto quere dicir que calquera páxina que estea escrita no idioma de Galicia poderá acollerse ao .gal, aínda que os seus contidos veñan de ser publicados desde a Patagonia; do mesma xeito, moitas das webs que ofrecen contidos sobre calquera aspecto de Galicia, ou que estean centradas na divulgación do coñecemento sobre a comunidade, poderán solicitar a terminación .gal para o nome dos seus dominios.
A primeira fase, chamada Pioneiros, estivo dirixida a que webs institucionais e páxinas que foron editadas sempre en galego.

Agora arrincan as fases “Abrente” e “Carreira” dirixidas a particulares e empresas. Os interesados en asegurar o seu dominio .gal poden conseguilo por un prezo que oscila entre os 50 e os 170 euros ao ano, co que nos xorde a pregunta:

É realmente necesario para unha web de empresa traducir os seus contidos a galego sen retribución económica á vista, polo menos a curto prazo?

Resposta curta: si.

Resposta longa: hai dous motivos principais polos que un destino, un negocio turístico, camping, restaurante ou hotel deberían asegurarse de ter os seus dominios puntogal. En primeiro lugar, por precaución: hai que asegurarse de que un avispado non nos pise a nosa marca e opere con ela, co prexuízo que supón. En segundo lugar, hai que ter en conta que os principais clientes dos negocios turísticos galegos son persoas da mesma comunidade. Non é raro supoñer que sexan galego-parlantes así que sempre é positivo ofrecer contidos na lingua dos teus clientes, que ademais tamén é a túa.

Existe un terceiro motivo que poderiamos considerar “a medio prazo”: é positivo que á hora de desenvolver un perfil propio en redes, os establecementos turísticos deixen ver que o destino que venden ten personalidade propia e que os seus clientes chegarán a un lugar diferente, con costume e lingua propias.

Resumindo: reclamar un dominio “puntogal” e dotalo de contido en galego é un traballo de mérito e promoción do noso camping, restaurante ou destino e que este esforzo sempre é bienvenido para reforzar o prestixio na Rede e que asegura o control do nome da nosa marca.

Ábrese entón unha segunda cuestión relativa á fría medición de datos en Google: actualmente o principal motor de procura non indexa contido en galego, así que cada esforzo por introducir contido propio non ten unha contrapartida inmediata en reputación ou posicionamiento; iso si, si existe unha resposta positiva no uso deste dominio, Google si indexará o contido en galego.

Dado que “puntogal” é un dominio que clasifica por “lingua e cultura”, a web do teu negocio “puntogal” aparecerá antes nas procuras dos internautas que usen o navegador en galego. Si dirixímosnos/dirixímonos a un público local, parece lóxico pensar que moitos usarán Google no seu idioma propio así que o puntogal e o contido en galego daranche unha vantaxe si o teu competidor inmediato non o adquiriu.

Así que si optamos polo indexado como argumento a favor de introducir o puntogal na páxina dun negocio turístico.

Un xeito de medir o progreso desta iniciativa nos negocios turísticos da comunidade estará no desenvolvemento da fase “Aberta” que comezará en decembro. Aínda non se saben os prezos pero poderiamos presupoñer que serán menos deses 170 euros anuais, sobre todo si temos en conta o caso dos .cat, no que se baixaron os prezos para axudar ao seu implantación. Por certo, Google xa indexa en catalán Sóalles?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *