Saltar ao contido
Actualidade / Presentación do libro Gastronomía monacal en Galicia

Presentación do libro Gastronomía monacal en Galicia

IMG_5123

O director de BenBo, Miguel Vila, acompañará a Nava Castro na presentación do Libro.

A empresa Mr Turismo, en calidade de editora de BenBo, encargouse do deseño, maquetación e fotografía do libro.

Hoxe estamos de posta de longo. Logo de meses de intenso traballo, a directora de Turismo de Galicia presentou en Samos o libro de Gastronomía Monacal en Galicia. No acto estará presente o director da Revista BenBo, Miguel Vila, que acompañará á directora de Turismo de Galicia para explicar aos asistentes todo o duro traballo que se tivo que levar a cabo para que este libro estea na rúa.

O traballo realizado para este libro dividímolo en 2 fases. Nunha primeira fase houbo unha laboriosa etapa de documentación onde 2 persoas percorréronse bibliotecas e mantiveron entrevistas con todos e cada un dos principais cenobios de Galicia para rescatar toda a documentación posible sobre a tradición culinaria das ordes que ao longo e ancho da xeografía galega estendéronse ao longo da historia.

Nunha segunda fase, materializouse todo ese material nun documento sobre o que partir para a realización dos textos do libro, á vez que a nosa querida Sole Felloza, foi localizando e poñendo o foco co seu cámara a todas as persoas, edificios e produtos gastronómicos que se foron dilucidando desa primeira fase de documentación, que tan ben coordinó nosa querida socia en BenBo, a empresa Trevisani.

IMG_5122

Para rematar, entramos na fase de deseño e maquetación de todo o material, onde houbo que recompoñer ideas iniciais de proposta de arte final do libro ata chegar ao resultado final que se presentou en Samos no día de hoxe. Nesta, a nosa empresa, Mr Turismo, tivo un papel de dirixir todo o traballo de deseño da maqueta base, sobre a que pivotou o resultado final do libro ata metelo en impresión en Axencia Gráfica.

Ardua tarefa que queda por fin materializada nesta simbiosis perfecta e que seguirá dando os seus froitos tanto desde o equipo da revista BenBo como o de Mr Turismo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *