As empresas do Grupo do Hotel Scala de Padrón, confían en Mr Turismo toda a súa estratexia de marketing dixital.
Mr Turismo elaborará todo o plan de comunicación das empresas do Grupo.
Pechouse este pasado luns. As empresas do grupo do Hotel Scala de Padrón depositan a confianza en Mr Turismo para que lles leve toda a comunicación e o marketing dixital do grupo de empresas que están formadas polo Hotel Scala, tanto sección de aloxamento como de restauración e banquetes, o Asador O Pazo e a Bodega Pazo de Arretén.
A estratexia pasará por facer un plan de comunicación de todas as empresas que conforman o grupo, mellorando a comunicación corporativa, tanto en liña como off line. Integrarase a todas as empresas nunha proposta de marketing dixital conxunto a nivel corporativo. Traballarase o SEO, o marketing de contidos, o social media e a reputación en liña de todos os negocios a nivel xeral.
Para todo iso, farase unha nova estratexia web con versión responsive, que pasará a conformar un novo portal para o grupo, con módulos de reservas en liña con pasarela de pago, venda de paquetes, ofertas e especiais, módulos de excursións, sección de actualidade, blog e un e-commerce para a Bodega entre outras moitas funcionalidades.
Cambiarase toda a base fotográfica do grupo e nun futuro non moi afastado, traballarase o videomarketing para a comunicación de todas as empresas que conforman esta empresa da familia Vidal, aos cales, non deixamos de estar agradecidos pola confianza depositada na nosa empresa e que esperemos non defraudar.