Saltar ao contido
Actualidade / Mr. Turismo no I Encontro Mundial en Galicia de Amigos do Camiño de Santiago

Mr. Turismo no I Encontro Mundial en Galicia de Amigos do Camiño de Santiago

image

O I Encontro Mundial en Galicia de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, que tivo lugar os pasados 4, 5 e 6 de xuño, tiña como obxectivo reunir o maior número de representantes deste tipo de organizacións baseadas no voluntariado para poñer en común experiencias, ideas e orientacións de futuro. Non se quixeron perder a cita en Compostela máis de 350 peregrinos de todo o mundo.

Aínda que os asistentes tiñan orixes moi diversas, compartiron durante tres xornadas, grazas a este encontro, a súa paixón polo fenómeno Xacobeo. Esta gran reunión foi posible grazas en gran parte á nova era da comunicación online, área na que Mr. Turismo ten moita experiencia. Por iso traballamos man a man con Turismo de Galicia y Xacobeo nun plan de comunicación adaptado aos seus principais obxectivos e necesidades. Aspecto clave era facer especial énfase no seu potencial internacional, deseñando a súa páxina web en sete idiomas (inglés, alemán, italiano, francés, portugués, galego e español), con área de inscrición, pagamento de entradas e contratación hoteleira con venda online.

image

Tamén impulsamos unha campaña de publicidade en Facebook e de banners en diferentes webs vinculadas ao Camiño. Xestionamos as redes sociais, retransmitindo en directo as sesións do congreso e demos apoio na área de prensa, elaborando comunicados e concertando entrevistas. Un proxecto e un intenso traballo que conecta directamente con Fairway, o Fórum sobre o Camiño de Santiago que xa estamos a lanzar, e que se celebrará en outubro na Cidade dá Cultura.

Estamos algo cansados aínda do esforzo, pero moi satisfeitos do resultado en compañía de Trevisani e Viloria. O camiño faise ao andar. Paso a paso, achegámonos máis á meta.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *