Saltar ao contido
Actualidade / Mr Turismo pon en marcha unha campaña promocional do Clúster de Turismo de Galicia enfocada a profesionais

Mr Turismo pon en marcha unha campaña promocional do Clúster de Turismo de Galicia enfocada a profesionais

FACEBOOK_portada_2

O Clúster de Turismo de Galicia confiou en Mr Turismo para poñer en marcha unha campaña promocional para dar a coñecer os seus servizos aos profesionais e PYMES que traballan no sector. Esta campaña de branding impactará a través de varios medios de comunicación, unha campaña de Facebook Adds e de Google Display no público afín, destacando por unha banda o labor deste organismo e polo outro, poñendo en valor os recursos turísticos dos que dispoñemos en Galicia.

Unha das novidades da nosa oferta foi a opción da ferramenta de Google Display, que permite diferentes tamaños e formados de banners en medios generalistas e especializados que traballen con Google Adsense, sempre que a temática da noticia vaia referenciada a palabras claves ou keywords tipo: turismo galego, gastronomía, Camiño de Santiago, hostelería galega, ferramenta moi apropiada para campañas de notoriedade como a que nos suscitou o Cluster.

A base da creatividade está centrada na valoración de todos os nosos espazos, produtos gastronómicos e diferentes tipoloxías de destinos dos que dispón a nosa comunidade. “A valoración que máis nos importa, é a túa” ou “O temos todo, só fáltasnos ti”, son claims que apelan ao turista e ao mesmo tempo, ao profesional. Como gráfica apostouse por unha estética baseada nos iconos de redes sociais como Instagram e Facebook.

Ademais enmarcouse a campaña en medios profesionais como Hosteltur, Tecnohotel, La Alacena Roja, Abalar, BenBo e Economía Dixital con inserciones de banners nestas diferentes prataformas profesionais do mundo turístico de Galicia e de España.

Agradecemos a confianza depositada no noso equipo de marketing online, que xa está traballando duro para que os displays teñan o máximo impacto posible e chamen a atención de potenciais asociados que decidan apostar polo respaldo do Clúster do Turismo de Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *