Desde fai uns meses, Mr Turismo pechou coa propiedade de Vinos con Carácter, novo e-commerce de viños que sae á palestra no mundo da comercialización nacional e internacional do mundo do Viño, o traballo de marketing dixital para esta nova marca no mercado da comercialización do mundo do viño por internet.
En estreita colaboración con Ayco, desarrolladora da prataforma, desde Mr Turismo encargámonos do marketing de contidos no blog de Viños con Carácter tenso como colaboradora a prestixiosa Mercedes Rodríguez, o social media da marca, auditar o SEO ao completo de toda a plataforma e unha ambiciosa campaña SEM para que desde o minuto 1, o e-commerce empezo con brío desde os seus inicios.
A maiores, tamén nos encargamos da comercialización e do RP, facendo un seguimento exhaustivo das ofertas comerciais, a captación de leads, planificación e auditoría das landings, análises comparativos da competencia e unha auditoría continua da web para atopar as trabas que os usuarios atopan á hora de formalizarse as vendas, facendo un seguimiento ao segundo da monetización deste novo e-commerce, visionando a analítica para tomar decisións acertadas na campaña SEM e a estratexia comercial.
Difícil tarefa quédanos e de longos meses para poñer a esta nova iniciativa nun dos novos referentes da comercialización en liña do mundo do Viño, como un referente nacional, con marcas de viños referentes e exclusivos, con moi boa representación de viños galegos, espirituosos, viños de autor e viños premium.
A un custo por click de máis de 2 euros, esta campaña SEM vainos a quitar o soño máis dun día, pero seguro que acabaremos conseguindo os obxectivos, porque cando hai bo equipo e bo produto, o demais chegará. Todo un reto para Mr Turismo, no seu afán de captar, ademais de empresas do sector turístico, empresas do sector enogastronómico como complemento á presenza de Mr Turismo como editora da revista de gastronomía atlántica Feita In Galicia, BenBo.
Damos as grazas ao grupo de empresas de Tomas Fernández por confiar esta tarefa en nós, esperemos estar á altura.