12 Cuncas confía en Mr Turismo a súa aposta pola asesoría de marketing gastronómico. A través de Mr Turismo este cliente pretende dar un impulso ao seu produto conseguindo maior presenza de marca mediante un plan de marketing e comunicación tanto off line como on line.
12 Cuncas, medida equivalente ao ferrado en O Salnés, é un albariño amparado pola D.O. Rías Baixas, que destaca por rescatar o sabor do albariño de sempre. Elabórase con uva albariña procedente de cepas duns 30 anos antigüidade. Os dous viñedos principais atópanse nos concellos de Cambados e Ribadumia. Son leiras de chan pobre, moi arenoso e con fondo rocoso. Terreos conferidos cunha leve inclinación, todos eles moi próximos a Ría de Arousa e á desembocadura do Río Umia, característica que imprime unha salinidade moi interesante a este viño. Todos os procesos de elaboración réxense por pautas moi tradicionais como facían os seus propios devanceiros, sen acelerar procesos, respectando os tempos que necesita o viño e sobre as súas propias lías. Embotéllase nove meses logo da vendimia, dándolle todo o tempo necesario para que o viño en botella exprésese en toda a súa plenitude.
En 12 Cuncas cada elemento é arte, comezando pola etiqueta, obra do pintor Baamonde, e rematando por cada nota de sabor e cor. Dende Mr Turismo esperamos estar á altura dos seus obxectivos e do que pretenden transmitir.
Dende Mr Turismo daremos un impulso á imaxe corporativa e levaremos a cabo un plan integral de marketing e comunicación mediante o que xestionaremos o SEO da marca, as redes sociais e accións de branding. Nestes intres estamos desenvolvendo xa a súa páxina web que servirá de carta de presentación ao noso cliente.