Fai uns días, o restaurante compostelano Manso capitaneado por Alberto Lareo, deposita a súa confianza en Mr Turismo para dalle un novo xiro ao marketing do restaurante.
Mr Turismo recoñece con ilusión a entrada deste novo proxecto na súa carteira de clientes.
Especial motivación temos en Mr Turismo co reto que nos xenera o restaurante Manso. Por unha banda recoñecemos que probablemente esteamos ante uns dos negocios de hostelería con máis expectativas na capital de Galicia e un dos cociñeiros de maior proxección no mapa culinario de Galicia e por outro, xa nos apetecía entrar nun proyecto que apunta potencial.
Os nosos primeiros traballos co Manso, logo dunha diagnose inicial para afinar a proposta final, será o axuste de toda a estratexia do seu marketing dixital. Incluída na nosa tarifa plana de marketing dixital para negocios turísticos, faremos unha xestión integral do social media do restaurante, aplicando a nova estratexia, deseño, discurso e maior orientación a obxectivos, sumado á xestión activa da reputación en liña do negocio, acompañado do marketing de contidos para un novo blog que poñeremos en marcha en breve.
A maiores, estamos elaborando a combinación da estratexia en liña cunha serie de accións de marketing off line que pasarán nalgúns caso por accións de marketing directo, marketing relacional, eventos a realizar no propio restaurante etc, todo iso apoiado cun gabinete de prensa ao uso para comunicar as accións e facerlle seguimiento a toda a estratexia de comunicación do negocio.
Como traballo inmediato, nuns días, dotarase dunha nova base fotográfica á marca, onde se fotografarán todos os pratos da carta do Manso, para sacarlle o maior rendemento ao principal produto e atributo da cociña de Alberto Lareo que non son outros que os seus pratos.
Aos poucos iremos comunicando as novidades deste local emblemático da cidade, que sen dúbida terá moitas cousas que dicir e cunha boa estratexia de comunicación en liña e off line, estamos completamente seguros que os clientes de Santiago e os seus visitantes, estarán máis ao día das novidades e animarán o Manso coa súa presenza.
Todo un reto co que estamos especialmente motivados.