Saltar ao contido
Actualidade / Web turística para o hostel Monasterio de Moraime

Web turística para o hostel Monasterio de Moraime

Orgullosos estamos de lanzar este novo traballo para a empresa Extuca liderada pola familia Canabal que xunto a outros negocios, pon en marcha esta nova iniciativa turística en pleno Camiño de Santiago-Fisterra, moi preto de Muxia, lanzando a apertura coa nova web turística do hostel situado no emblemático Monasterio de Moraime.

No día de onte inaugurábase esta nova iniciativa turística en pleno corazón do Camiño de Santiago – Fisterra, no que o emblemático cenobio cargado de maxia e historia próximo á localidade de Muxía, tivemos o todo o respeto e consideración cando se lle encargou a Mr Turismo desenvolver a nova web do hostel Monasterio de Moraime.

Para iso realizamos o copy, a primeira sesión fotográfica, o desenvolvemento web baixo a plataforma Moncake con diferentes funcionalidades. Ademais deseñamos, seguindo as pautas da dirección do proxecto e utilizando os módulos turísticos especiais do Moncake, unha serie de rutas pola zona dignas do goce de calquera que se aloxe no novo hostel: a ruta dos faros, a ruta das praias e a ruta de Costa da Morte. Tres rutas para o entrenimiendo daqueles que se aloxen en Moraime e queira ter un coñecemento máis detallada da zona. Agora os usuarios de Moraime, desde os seus dispositivos poderán saír pola porta do cenobio para chegar a calquera dos puntos do circuíto sen que se perdan ao estar todos xeolocalizados.

Ademais tamén destaca o noso módulo de axenda turístico-cultural, no que no canto de desenvolver un texto corrido cunha simple enumeración de cousas que ver ou facer na zona, utilizarse o formato de axenda para que non quede festa, museo, ofertas culturais ou servizos turísticos que se poidan gozar da zona e que aos hóspedes de Moraime póidanlles pasar desapercibidos sen estar xeolocalizados, acompañados de fotografía e metadatos para que teñan información detallada.

Esta web turística arrinca nesta primeira fase na que estivemos inmersos e que co paso do tempo iremos mellorando aos poucos. Como inicio sentímonos orgullosos e oxalá podamos participar máis no detalle do día a día deste novo proxecto turístico en Muxía.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *